Como consecuencia da crise económica e sanitaria derivada da pandemia, a Unión Europea puxo en marcha unha serie de mecanismos destinados a impulsar a recuperación que permitan reconstruír a Europa posterior á COVID -19 e convertela nun lugar máis ecolóxico, dixital e resiliente.
O mecanismo NextGenerationEU é o plan de recuperación máis ambicioso na historia da Unión Europea, dotado con máis de 800 000 millóns de euros que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais causados pola pandemia do coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sostibles, resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital.
Para conseguir o obxectivo de construír unha Europa máis verde, dixital e resiliente, a Comisión europea estableceu 6 prioridades ou liñas mestras a seguir:
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao puxo en marcha diversos proxectos e actuacións vencellados á estratexia NextGenerationEU, que lle permitirán conseguir melloras substanciais en eficiencia enerxética, ter unhas infraestruturas portuarias máis verdes e sostibles e dotalo dunha maior competitividade operativa: