Benvida

Imaxe do presidente da APFSC.

Francisco Barea Paz, presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Benvidas e benvidos á nosa páxina web. .

Con 111 anos de historia, é a nosa misión liderar o desenvolvemento dos portos de Ferrol e San Cibrao, garantir a dispoñibilidade das infraestruturas e a prestación de servizos que redunden na competitividade dos seus clientes, e crear valor para a sociedade.

Para os próximos anos fixámonos os retos de concluír o antes e mellor posible o acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol, favorecer a ampliación da terminal de contedores de Caneliñas, completar a reordenación de usos portuarios, profundar na política de diversificación do negocio, renovar a fachada marítima ferrolá, comezar a rehabilitación da antiga Comandancia, devolver a normalidade aos nosos procesos e servizos, recuperar tráficos, atraer novos operadores e liñas, captar proxectos que encaixen no programa Next Generation, potenciar o I+D+i e as políticas de sustentabilidade, e visibilizar a transcendencia da actividade portuaria no desenvolvemento do Ferrol do futuro e no porvir da Mariña.

Traballamos tamén en prol do diálogo e a acción conxunta das diferentes Administracións e institucións relacionadas coa comunidade portuaria na nosa área de influencia, así como en favor da cooperación entre as esferas pública e privada, algo fundamental para a recuperación económica tras o shock da pandemia.