Dentro do Programa de Axudas para Actuacións de Reindustrialización promovido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a Autoridade Portuaria desenvolve dende o ano 2006 dous proxectos plurianuais cofinanciados polas devanditas ditas Axudas:
Inclúense dentro deste proxecto as obras de urbanización xeral do porto e, en esencia, a infraestrutura básica que permitirá o asento nas explanadas portuarias de operadores e concesionarios portuarios que atoparán nas novas instalacións unha adecuada dotación de servizos acordes coas necesidades dun porto de última xeración.
– Conexión exterior coas redes de abastecemento e telecomunicacións; Redes interiores fase I; Acometida e subestación transformadora de enerxía eléctrica.
Díptico Proxecto de instalacións, servizos e explotación Pto Exterior
– Subministro e instalación de defensas dos peiraos das obras de Ampliación do Porto de Ferrol (Porto Exterior) 1ª fase.
Díptico Defensas Porto Exterior 1ª fase
– Proxecto de pavimentación da zona de manobra e uso público. Fase 1
Díptico Pavimentación zona maniobra e uso público-fase 1
– Instalación de norays e defensas no Martillo do Dique de Abrigo.
– Urbanización, reordenación e mellora do contorno de Cabo Prioriño Chico; Construción e reubicación da Batería de Punta Viñas.
Díptico Urbanización, reordenación y mejora entorno Cabo Prioriño Chico
– Sistemas de seguridade, control e telecomunicacións en Prioriño.
– Edificio da Autoridade Portuaria e Control do Porto no Porto Exterior de Ferrol.
– Infraestruturas de control de accesos na entrada ao Porto Exterior de Ferrol.
– Acondicionamento da estrada de acceso a Cabo Prioriño e peche perimetral no ámbito do Porto Exterior.
Inclúense dentro deste proxecto as obras e actuacións que permitan a ampliación, transformación e mellora das infraestruturas portuarias do porto interior de Ferrol, co fin de mellorar a facilidade de intercambio entre os modos de transporte marítimo e terrestre, potenciando a intermodalidade e posicionando o porto nunha boa situación competitiva para a captación de liñas de Short Sea Shipping.
– Pavimentación en aglomerado asfáltico dunha superficie de almacenamento no Nuevo Muelle.
– Pavimentación da parcela triangular de transición existente entre o Cerramiento Norte e o Nuevo Muelle.
– Acondicionamento do paso a nivel existente na rúa principal do porto.
– Ampliación da rampla ro-ro nº 2, situada no entronque entre o Muelle Fernández Ladreda e o Cerramiento Norte.
– Instalación do sistema eléctrico de elevación e colgue da rampla ro-ro nº 2 ampliada.
– Segregación dos tráficos peonís na rotonda de entrada no Acceso Norte para evitar a interferencia cos tráficos viarios e ferroviarios: Pasarela atirantada “As” no acceso ao Porto de Ferrol.
– Construción dun noray adicional no Muelle Cerramiento Norte (noray nº 11).