Accesos

Accesos Ferrol

TERRESTRE

A entrada ó Porto de Ferrol, realízase dende unha rotonda onde finaliza a autoestrada AP-9 e distribúe o tráfico cara ó Novo Peirao e á Rúa Principal mediante unha glorieta. A Rúa Principal discorre paralela ó Peirao Fernández Ladreda ate chegar ó Peirao do Espigón. Dela parten seis rúas en perpendicular, que dan acceso á zona de depósitos, almacéns e peirao Fernández Ladreda; ó final da mesma dá acceso ó peirao do Espigón.

Dúas vías dan acceso ós peiraos comerciais do Porto de Ferrol. O acceso principal está formado pola conexión directa dende a rotonda de entrada coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) cara á Coruña, o Sur de Galicia (Santiago de Compostela e Vigo), e Portugal. A AP-9 enlaza coa Autovía do Noroeste A-6 (A Coruña-Madrid), que á súa vez enlaza co resto da rede de gran capacidade do Estado e de Europa.

Existe outro acceso dende as arterias da cidade a través da Estrada Baixa do Porto, que chega ate a rotonda de entrada.

A través da AP-9 existe unha conexión coa C-646 e coa C-641 cara ó norte da provincia e da Península, con saída cara a Europa.

FERROCARRIL

O Porto de Ferrol ten conexión directa coa estación de ferrocarril da cidade, a través da que e mediante o ramal Ferrol-Betanzos, se une ó porto co resto de España [liña Madrid-Coruña por León]. Esta liña é de ancho RENFE, vía sinxela e está sen electrificar ate Monforte.

Unha vez no Porto, a rede interna de ferrocarril está constituída por dúas aliñacións principais, unha paralela ó cantil do Peirao Fernández Ladreda e outra paralela ós depósitos e almacéns da Rúa Principal. Ambas pechan formando un anel e dando servizo á rampla ro-ro instalada no nó de unión entre o Espigón Exterior e a explanada de servizo do Peirao Fernández Ladreda e tamén á rampla ro-ro entrada ó extremo norte do Peirao Fernández Ladreda.

Existen dous ramais; un que parte da lonxa ó longo do Espigón Exterior e outro que parte da Rúa Principal e en dirección Norte ate a vía de acceso ó Novo Peirao. No exterior da entrada ó porto existen varios pasos a nivel regulados por un sistema luminoso e acústico.

ACCESO POR MAR

Canal de entrada

  • Orientación: SW
  • Anchura: 160 m
  • Calado en B.M.V.E.: 12 m
  • Natureza do fondo: Cascallo e roca
  • Lonxitude: 4000 m

Boca de entrada

  • Orientación: SW
  • Anchura: 1800 m
  • Calado en B.M.V.E.: 18 m
  • Máxima corrente rexistrada: 4 nudos