O PORTO EXTERIOR ACOLLE POR PRIMEIRA VEZ CATRO OPERACIÓNS SIMULTÁNEAS
• Na dársena de Caneliñas coinciden hoxe realizando movementos de carbón, contedores, aceite de palma e madeira os buques “ Frontier Kotobuki”, “ JSP Mistral”, “ Champion Tern” e “ Robijn”
Ferrol, 12 de xullo de 2018. Imaxe ata agora inédita no porto exterior de Ferrol: catro barcos realizando de maneira simultánea operacións con graneis líquidos, graneis sólidos e diversa mercadoría xeral. Esta coincidencia, froito do crecente desenvolvemento da actividade nas instalacións, produciuse esta mañá.
Na dársena de Caneliñas atópanse cargando e descargando os buques Frontier Kotobuki (290 metros de eslora por 45 de manga), Champion Tern (182 por 32), Robijn (90 por 12,5) e JSP Mistral (138 por 21,7). O primeiro move 160.245 toneladas de carbón; o segundo, 7.350 de aceite de palma; o terceiro, 3.000 de madeira, e o cuarto, medio centenar de contedores.
As empresas que operan no porto exterior de Ferrol estibaron e desestibaron durante o primeiro semestre deste ano 2.413.675 toneladas, unha media mensual de máis de 400.000.
De esquerda a dereita, esta mañá no porto exterior, os buques “ Champion Tern”, “ Frontier Kotobuki”, “ JSP Mistral” e “ Robijn”
En la dársena de Caneliñas coinciden hoy realizando movimientos de carbón, contenedores, aceite de palma y madera los buques
“Frontier Kotobuki”, “JSP Mistral”, “Champion Tern” y “Robijn”