Francisco Barea destaca o desenvolvemento dun ecosistema innovador que transformará o porto de Ferrol nun hub de enerxías verdes
Barea anuncia na V Xornada Porto-Empresa a posta en servizo da conexión ferroviaria no segundo semestre do 2026 e reclama ao Goberno central apoio para para financiar a obra que a APFSC asume no seu maior parte con fondos propios
“Teremos un porto baseado na colaboración. Con proxección. Cunha infraestrutura ferroviaria de referencia. Un porto verde, sostible e eficiente, que recuperará a súa posición de liderado. Temos a certeza de que contaremos cun porto competitivo e de referencia”, explicou o presidente do organismo portuario
O presidente da Xunta e o alcalde de Ferrol abriron o encontro no que se entregou a primeira distinción pola colaboración na relación Porto-Ciudad a Amarradores do Porto e Ría de Ferrol
Ferrol, 27 de novembro de 2025
Un porto baseado na colaboración, eficiente, cunha infraestrutura ferroviaria de referencia e coas enerxías renovables como un piar de desenvolvemento. Este é o porto no que traballa a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e que o presidente do organismo portuario, Francisco Barea, trasladou na V Xornada Porto-Empresa. O encontro reuniu, por primeira vez no Edificio Prioriño, a preto de 200 persoas en representación da comunidade portuaria, o tecido empresarial, os centros tecnolóxicos e as administracións públicas. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, inauguraron a xornada que tamén contou coa presenza da conselleira do Mar, Marta Villaverde, entre outras autoridades.
A enerxía do futuro centrou a xornada deste ano: “O porto, comunidade enerxética”. Baixo este epígrafe Francisco Barea trasladou o traballo realizado ata o momento pero, sobre todo, os resultados e os proxectos que están en marcha e serán unha realidade proximamente: “Somos un dos portos máis avanzados de Europa en transición enerxética. Desenvolvemos un ecosistema innovador que transformará o porto nun hub enerxético verde, cunha gran fotovoltaica, co hidróxeno e os seus derivados. Con produción e almacenamento. Cun modelo de autoconsumo compartido para comunidade portuaria e buques”.
Así mesmo quixo, nesta ocasión, compartir os pasos dados ata o momento na transformación das dársenas ferrolás: “Esa ilusión que tratamos de contaxiarlles estes anos mantense intacta. Pero creo que chegou do momento de dar un paso máis. Chegou o momento das certezas. Porque as certezas é o que buscan as empresas, o que atrae os investimentos e o que reforza o sentimento de orgullo polo que somos e podemos chegar a ser. Así que, ante a incerteza, desde a Autoridade Portuaria queremos darlles certezas”.
E entre esas certezas unha especialmente destacada: “A certeza de que si, teremos ferro-carril. Foi, o noso gran empeño. Garantir que os nosos portos estarán conectados por ferrocarril. Hoxe, esa infraestrutura está xa na súa recta final. No segundo semestre do 2026 será a posta en servizo da conexión ferroviaria entre os portos interior e exterior”. Barea incidiu no reto que supuxo esta obra que será un dos fitos máis importantes desde a construción do porto interior. Un reto técnico, pero tamén económico xa que o seu-poñerá un investimento que roldará os 120 millóns de euros, no seu maior parte, financiados con fondos propios. Por ese motivo volveu reivindicar ao Goberno central máis apoio do mesmo xeito que reciben outros portos similares con obras destas mesmas características financiadas practicamente na súa totalidade con fondos europeos. Así mesmo fixo fincapé no traballo da Autoridade Portuaria está a realizar con todas as obras complementarias do ferrocarril executadas ou en execución, pendentes de que ADIF comece a renovación do ramal desde o porto ata a estación nos terreos que son da súa titularidade.
“Nós cumprimos. A conexión ferroviaria será unha realidade. A vía interna deste porto exterior está finalizada. E as obras complementarias no porto interior que dependen da Autoridade Portuaria en marcha. O investimento total: 166 millóns. E aquí reivindicamos: saber cando ADIF cumprirá o seu parte e comezará as obras do ramal á estación nos seus terreos para que o corte de vía que vai supoñer non impida pasar trens. E pedimos, unha vez máis, que Ferrol teña o tren que se merece da estación cara á Meseta. Porque a única certeza que temos aquí, é que non se vai a facer nada. E Ferrol non pode quedar illado e o Goberno teno que entender e saldar a débeda histórica coa cidade e a comarca. Ferrol necesita e merece un ferrocarril do século XXI”, reclamou o presidente do organismo portuario.
E é que o ferrocarril será clave para o desenvolvemento dos outros tres piares do porto do futuro: graneis líquidos, terminal de contedores e enerxías renovables, con especial incidencia na eólica mariña. O ferrocarril é, desde logo, unha peza crave que impulsará un porto de futuro que xa empeza a cobrar forma. “Porque lles dou máis certezas. A certeza de que teremos dous terminais de líquidos que estarán finalizadas o próximo ano. Iso unido a Reganosa e Forestal do Atlántico serán outro dos nosos grandes piares de desenvolvemento. Temos tamén a certeza de que o ferrocarril impulsará nosa terminal de contedores como a de referencia do norte de Galicia. Porque Yilport ratificou a súa aposta por Ferrol. E trasládolles tamén a certeza de que Ferrol seguirá sendo un referente en eólica mariña, tanto fixa como flotante. Demostramos xa a nosa capacidade, a experiencia das nosas empresas e as condicións idóneas dos nosos portos. E en por este sector reforzamos a nosa aposta coa axuda de novos aliados como WindWaves ou Proinlosa que se suman á nosa comunidade portuaria”, trasladou Francisco Barea que tamén fixo referencia á chegada de Global Ports Holding como novo terminalista de cruceiros, dando así un impulso á cidade: “Cun investimento inicial de 1,7 millóns de euros que triplicará o número de pasaxeiros nos próximos 3 anos. E ese tráfico, o de cruceiros, xerará un gran valor engadido na cidade e en todo o norte galego”.
“Este é o porto de futuro que queremos e que teremos. Un porto baseado na colaboración. Con proxección. Cunha infraestrutura ferroviaria de referencia. Un porto verde, sostible e eficiente, que aposta pola innovación tecnolóxica. Un porto que recuperará a súa posición de liderado. Mantemos a ilusión. E temos a certeza de que teremos un porto competitivo e de referencia. Como digo sempre, temos un gran porto. Seguimos coa man tendida a todos aqueles que queiran sumarse ao traballo para o desenvolvemento económico e social de Ferrol. Grazas de novo a todos vostedes. Porque o tecido empresarial, a universidade, os centros tecnolóxicos e o apoio das administracións son clave para conseguir ese obxectivo. Seguimos en marcha. Seguimos traballando por Ferrol”, concluíu o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
A xornada, que desenvolveu os distintos aspectos que rodean a unha comunidade enerxéticas, pechouse con outra das novidades deste ano: a entrega da distinción pola colaboración na relación Porto-Ciudad. Este ano recaeu en Amarradores do Porto e Ría de Ferrol, polo seu traballo na prestación dos servizos portuarios pero, tamén, pola súa implicación en todas aquelas iniciativas que repercuten directamente na cidadanía. A V Xornada Porto-Empresa estivo moderada nesta ocasión polo xerente de Cluergal, Oriol Sarmiento.