O PORTO DE FERROL ACOLLERÁ UNHA EXPOSICIÓN DE BICICLETAS ANTIGAS
• Os visitantes poderán contemplar do 10 ao 14 de agosto medio centenar de biciclos fabricados entre os anos 20 e 80 do século pasado
•A mostra rematará o día 15 cun percorrido por varias rúas e vías
Ferrol, 1 de agosto de 2018. Situada no peirao de Curuxeiras da cidade naval, a sala de exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acollerá este mes unha mostra de bicicletas antigas. Permanecerá aberta do 10 ao 14 de agosto desde as 18.00 ata as 21.00 horas, e non haberá que pagar por visitala. A modo de colofón, o día 15 terá lugar por diversas rúas e estradas de Ferrol unha marcha na que se utilizarán os biciclos exhibidos.
O ferrolán Roi López, coorganizador da iniciativa e membro do colectivo Ferrold Bikes, avanza que a exposición presentará aproximadamente medio centenar de bicicletas fabricadas entre os anos 20 e 80 do século pasado. “Teremos a bicicleta inglesa típica de varilla, bicis de carreiras, de paseo…”, anticipa.
De entre todas as que reunirá para a cita no porto, López, con todo, destaca pola súa singularidade varias bicicletas de fabricación integramente galegas (Homen y Honor) das décadas dos anos 30, 40 e 50 do século XX. Todas as pezas da mostra pertencen a varios coleccionistas e afeccionados que as prestarán para a ocasión.
Los visitantes podrán contemplar del 10 al 14 de agosto medio centenar de ciclos fabricados entre los años 20 y 80 del siglo pasado.
La muestra acabará el día 15 con un recorrido por varias calles y vías.