• A nave arriba hoxe á cidade e poderá ser visitada, desde mañá ata o domingo, entre as 10.00 e as 21.00 horas
• Construído en 1991 coas mesmas características que o que conseguiu dar a volta ao planeta entre 1519 e 1522, o barco permanecerá atracado no peirao da Cortina durante a súa estancia na urbe departamental

Ferrol, 26 de xuño de 2018. A réplica da Nao Vitoria, o lendario barco que entre 1519 e 1522 completou a primeira volta ao mundo, visita Ferrol. Está previsto que a nave atraque hoxe, á unha da tarde, no peirao da Cortina, onde permanecerá ata este domingo, 1 de xullo. Construído en 1991 tras unha longa investigación histórica, o buque poderá ser visitado por quen o desexe desde mañá e ata o domingo en horario de 10.00 a 21.00 horas, segundo datos proporcionados pola fundación propietaria.
Con 26 metros de eslora (longo) e 7 de manga (ancho), a Nao Vitoria conta con tres paus e seis velas cun total de 290 metros cadrados de superficie. Feito en piñeiro e carballo, os que suban a bordo poderán percorrer as súas diferentes cubertas (catro) e admirar as súas formas e detalles, así como coñecer as condicións de vida dos tripulantes que fai cinco séculos lograron dar a volta ao mundo.
O barco foi visitado por algo máis de 593.000 persoas no global das súas catro últimas xiras anuais. Nunha delas, a de 2015, xa recalara na cidade, entre o 6 e o 8 de novembro. Acceder ao interior é gratis para menores de cinco anos e custa dous euros para os de cinco a dez. O resto de entradas individuais véndense a catro euros. O paquete familiar (dous adultos e ata tres nenos) vale dez euros.

La nave arriba hoy a la ciudad y podrá ser visitada, desde mañana hasta el domingo, entre las 10.00 y las 21.00 horas
Construido en 1991 con las mismas características que el que consiguió rodear el planeta entre 1519 y 1522, el barco permanecerá atracado en el muelle de La Cortina durante su estancia en la urbe departamental.