• Gabriel Torrente Rodríguez intégrase como persoa física no censo de axentes marítimos autorizados, aposta por incorporar as novas tecnoloxías ao sector e centrarase no campo forestal e da biomasa

Ferrol, 23 de abril de 2018. Gabriel Torrente Rodríguez acaba de incorporarse ao censo de consignatarios autorizados para operar no porto de Ferrol. Agora xa son 13 os axentes marítimos incluídos na devandita relación. Formalmente, este novo é o único que figura dado de alta como persoa física, non como empresa, aínda que funcionará baixo a marca comercial Meraki Disruption & Logistic.
Natural de Pontedeume e técnico superior en Comercio Internacional de formación, Gabriel Torrente acumula dez anos de experiencia no sector. Inicialmente, prevé centrar as súas actividades nos segmentos forestal e da biomasa. “Imos apostar moito polas novas tecnoloxías, polo blockchain, para eliminar burocracia e papelame, para ser máis eficientes. […] Queremos colaborar con outros consignatarios locais”, asegura. A listaxe de acreditados pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para exercer a consignación na cidade naval complétano nestes momentos Antón Martín Shipping, Bergé Marítima, Marítima Consiflet, Finisterre Axencia Marítima, Pérez Torres Marítima, Rubine e Fillos, Ceferino Nogueira, Kaleido Loxística, A. Pérez e Cía, Greenalia Logistics, Macandrews e Incargo Galicia.