A AUTORIDADE PORTUARIA PON AO DISPOR DE EMPRESAS E TRABALLADORES UN EDIFICIO DE USOS MÚLTIPLES NO PORTO EXTERIOR DE FERROL
O organismo que preside Francisco Barea recupera o antigo inmoble da Cámara de Comercio, tras anos en desuso, para habilitar novos espazos que favorecerán a implantación do tecido empresarial en Caneliñas
Contará con 3.000 metros cadrados de oficinas, zona de administración, salón de actos e servizos de restauración, entre outras áreas, e permitirá reforzar a prestación de servizos á comunidade portuaria
As obras, actualmente en execución, supoñen un investimento de 2,6 millóns de euros e estarán terminadas en decembro deste ano
Ferrol, 28 de setembro de 2023
La Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao acomete la finalización y habilitación del antiguo edificio de la Cámara de Comercio en el puerto exterior. Las obras, que comenzaron a ejecutarse el pasado mes de febrero, estarán terminadas en diciembre de este año. Con esta actuación, el organismo que preside Francisco Barea, avanza en su objetivo de recuperar los inmuebles actualmente en desuso para abrirlos a la comunidad portuaria y mejorar el servicio que presta tanto a empresas como a los trabajadores.
Trátase así de poñer operativo un antigo inmoble, situado en Caneliñas, que no ano 2009 comezara a construír a Cámara de Comercio co obxectivo de poñer en funcionamento un centro de usos múltiples e servizos loxísticos. En plena execución das obras, a disolución do organismo cameral impediu a finalización dos traballos e en 2015 o edificio, sen acabar, reverteu na Autoridade Portuaria. Tras anos parado, o organismo que preside Francisco Barea decidiu poñer en valor ese espazo e terminar o inmoble para posibilitar a súa apertura, uns traballos que se están executando na actualidade e que está previsto que finalicen en decembro. Isto permitirá dotar ao porto exterior de Ferrol de novos servizos, aproveitando o patrimonio inmobiliario existente e evitando así unha maior deterioración do edificio.
As actuacións foron adxudicadas a Comsa-Ogmios Proxecto e contan cun investimento de case 2,6 millóns de euros. Os traballos manteñen a parte executada no seu momento como a cimentación, a estrutura, a cuberta e o acabado da fachada, actuando sobre aqueles elementos que sufriron unha maior deterioración polo paso do tempo. Ademais, están a acometerse as obras necesarias para habilitar o edificio como un espazo polivalente de usos múltiples e posibilitar así a súa posta en servizo.
Novas prestacións para a comunidade portuaria
O inmoble ten un total de 3.000 metros cadrados distribuídos en planta baixa e dúas alturas, cada unha delas de 1.000 metros cadrados. Contará con espazo para oficinas e zonas de administración, salón de actos, espazo para formación e unha área para eventos. Ademais, na planta baixa incluirase tamén unha zona de restauración habilitando unha cafetería para os usuarios do porto. A ordenación dos espazos realízase agrupando usos compatibles e complementarios nun esquema funcional que optimiza as prescricións do edificio Deste xeito ofertarase, especialmente a empresas e traballadores, unha serie de servizos cos que ata o momento non contaba o porto exterior de Ferrol. Ademais, facilitará a implantación en Caneliñas de novas iniciativas empresariais ao contar cun espazo funcional desde o que operar e no que establecer sinerxias que redunden en beneficio do tecido empresarial.
A actuación completarase, nunha segunda fase, coa urbanización do espazo exterior no que se habilitarán zonas verdes, aparcamentos e puntos de recarga para vehículos eléctricos.
O presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea, mostrou a súa satisfacción polo desenvolvemento destes traballos “que se atopan xa moi avanzados” e que supoñerán un valor engadido para o porto exterior. “Esta actuación permítenos poñer en valor o patrimonio inmobiliario do porto, evitar a deterioración que sofren os edificios que, como este, atopábanse sen terminar e en desuso e reforzar a oferta de servizos a toda a comunidade portuaria. Neste caso, traballadores e empresas veranse favorecidas pola finalización do inmoble que supón tamén un atractivo para novas iniciativas que queiran implantarse no porto de Ferrol xa que pronto poderán contar cun espazo funcional desde o que operar”, explica Francisco Barea.