A AUTORIDADE PORTUARIA OBTÉN NOS OITO PRIMEIROS MESES DO ANO UN TRÁFICO DE MERCANCÍAS DE NINOS MILLONES DE TONELADAS
Os movementos de carga e descarga rexistrados nas instalacións da institución entre xaneiro e agosto superan nun 0,73 % aos contabilizados en igual período de 2017
As empresas vinculadas ás dársenas de Ferrol e San Cibrao operaron xa 781 buques no que vai de 2018, fronte aos 745 contabilizados a estas mesmas alturas do exercicio precedente
Ferrol, 6 de setembro de 2018. A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao pechou os oito primeiros meses do ano cun tráfico de mercadorías nas súas instalacións de 9.010.563 toneladas. Despois do sucedido en 2012, é a segunda vez na historia da institución que esta última consegue comezar un setembro pasando con anterioridade a barreira dos nove millóns de toneladas. Con este logro, a entidade cumpre o obxectivo sinalado na súa programación estratéxica (rexistrar unha media mensual dun millón de toneladas) e consolídase tamén entre as catro primeiras autoridades portuarias da fachada noratlántica-cantábrica.
No que vai de 2018, a Autoridade Portuaria obtivo saldos positivos en marzo, abril, xuño e xullo, e negativos en xaneiro, febreiro, maio e agosto. O cómputo global do período presenta números negros, cun incremento da actividade do 0,73 % respecto ao mesmo intervalo de 2017. En cifras absolutas, isto supón 65.232 toneladas máis, como pode apreciarse no gráfico de evolución que ilustra esta información. En comparación coa media do acontecido nos últimos 14 anos, a mellora do rendemento alcanza os 13 puntos porcentuais.
Segundo datos aínda provisionais, as empresas que operan nos peiraos de Ferrol e San Cibrao moveron desde o 1 de xaneiro ata o 31 de agosto 7.172.126,99 toneladas de graneis sólidos, 1.295.540,46 de graneis líquidos, 519.078,53 de mercadoría xeral e 23.745,75 doutros tipos de mercadorías (avituallamentos, pesca…). Respecto ás mesmas datas de 2017, no primeiro dos campos produciuse un aumento do 4,3 %; no segundo, un descenso do 16 %; no terceiro, unha alza do 2,2 %, e no cuarto, unha subida do 43,6 %.
Ata o momento, o ranking de 2018 de mercadorías movidas nos recintos propiedade da institución lidérao o carbón (3.047.423,66 toneladas), seguido da bauxita (2.922.411,91) e, xa a moita distancia, da alúmina (817.696,05). Os dez primeiros postos da clasificación complétanos o gas natural (463.018,45), o fuel (257.853,54), a chatarra (185.460,18), a madeira (157.876,66), os aceites (157.758,63), o biodiésel (154.753,37) e o aceiro (118.269,93).
Non figura nese top 10 o tráfico de carga contenerizada, aínda que a súa progresión en termos relativos destaca significativamente nos cadros estatísticos. Grazas á entrada en servizo, o pasado 2 de xuño no porto exterior de Ferrol, dunha nova liña regular da naviera MacAndrews, o reconto de toneladas estibadas e desestibadas dentro de contedores reflicte a estas alturas do ano unha cantidade (17.380,52) que multiplica por 12,2 a anotada na mesma data de 2017 (1.427,76).
Os datos solicitados reflicten de igual maneira unha evolución positiva do número de buques operados nos peiraos de Ferrol e San Cibrao. No período xaneiro-agosto deste ano foron 781, fronte aos 745 dos oito primeiros meses de 2017. Pasaron polas instalacións da autoridade portuaria, entre outros, 438 barcos de carga xeral, 129 tanques de líquidos, 127 graneleros de sólidos, 22 ro-ro e 21 portacontedores.