• As empresas que operan nos peiraos de Ferrol e San Cibrao logran remontar o mal arranque de exercicio e pechan desta maneira un primeiro semestre só mellorado polos de 2012, 2008 e 2017
• A institución consegue o seu obxectivo estratéxico de anotarse unha media mensual dun millón de toneladas de mercadorías
• As cargas e descargas rexistradas nos últimos doce meses superan nun 1,4 % o volume das efectuadas nos doce anteriores
• O bo comportamento do tráfico de graneis sólidos compensa o retroceso que está a experimentar o mercado dos líquidos

Ferrol, 4 de xullo de 2018. Superando os 6,5 millóns de toneladas movidas nas súas instalacións. Así acaba de pasar a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao o ecuador do ano, logrando algo que só conseguira outras tres veces en toda a súa historia. Ao mal arranque de exercicio sucedeu un repunte de actividade que sitúa á institución xa ás portas de retomar a senda do crecemento neste 2018. Ademais, volven os números negros ao balance interanual e a entidade cumpre, de novo, o seu obxectivo estratéxico de anotarse unha media mensual dun millón de toneladas.
Segundo datos aínda provisionais, as empresas que operan nos peiraos da Autoridade Portuaria moveron entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño 6.517.523 toneladas de mercadorías. Trátase do cuarto mellor semestre inicial de ano na historia da institución, tras os de 2012 (7.111.807), 2008 (6.697.196) e 2017 (6.684.152). Respecto ao rexistrado no exercicio anterior, supón un descenso do 2,5 %, mentres que en comparación coa media dos últimos 14 anos representa un avance de 9,6 puntos porcentuais, como queda reflectido no gráfico que ilustra esta información.
A entidade chegou á metade do ano nesta boa posición a pesar de encaixar un negativo arranque, con caídas da actividade en xaneiro e febreiro, respectivamente, do 35,6 e do 28,1 %. Na cara da moeda, en marzo logrou un histórico crecemento do 40,9 % e en xuño, outro do 23,9 %. En marzo e maio producíronse fluctuaciones máis suaves, dun só díxito.
Actualmente, é o segmento dos graneis sólidos o que está a dinamizar a economía portuaria actualmente: entre os seis primeiros meses de 2017 e as mesmas datas de 2018, as cargas e descargas pasaron de 5,06 millóns de toneladas a 5,11; é dicir, aumentaron un 0,9 %. Sen embargo, retrocedeu o movmento de mercadoría xeral, cunha baixada de 1,7 puntos porcentuais, e, sobre todo, o de graneis líquidos, cunha redución do 17,5 %. As toneladas de avituallamentos evolucionaron desde as 6.125 ata as 9.873.
Bauxita e carbón, líderes
O ránking de mercadorías do primeiro semestre deste ano lidérao a bauxita, con 2.168.407 toneladas movidas, seguida polo carbón, con 2.019.742. A maior distancia, a clasificación a completan nos seus dez primeiros postos a alúmina (608.104 toneladas), o gas natural licuado (404.129), o fuel óleo (192.882), a chatarra (134.769), a sosa cáustica (127.361), o biodiésel (120.092), a madeira (118.877) e os aceites (109.406).
Entre os grandes tráficos, en termos relativos, as mellores evolucións preséntanas a alúmina, o GNL e o biodiésel, con subidas, respectivamente, do 12,8, o 5,9 e o 3,7 %. No resto de categorías merecen mención destacada tamén os movementos de cuarzo e granito, que da nada pasaron a 55.056 toneladas, e de metanol, cun repunte de 55,7 puntos porcentuais (de 27.197 a 42.361 toneladas).
No balance da primeira metade do ano destaca igualmente o comportamento da pesca. De xaneiro a xuño de 2018 pasaron polas instalaciones da Autoridade Portuaria 142,92 toneladas de produto, fronte ás 101,72 rexistradas en igual período de 2017. Descenderon as capturas de crustáceos (de 7,89 a 3,18 toneladas) e peixes (de 9,06 a 7), pero as de moluscos se dispararon un 56,6 %, ata alcanzar as 132,75 toneladas, cun valor, grosso modo, de 790.000 euros.
Ademais, os datos dispoñibles permiten intuír a importancia que o tráfico de contenedores terá no futuro inmediato da entidade. Produto da entrada en servizo, o pasado 2 de xuño no porto exterior de Ferrol, da nova liña regular da navieira MacAndrews, o cómputo de toneladas cargadas e descargadas dentro de contenedores reflexa a estas alturas do ano unha cantidade (5.090) que cuadruplica con moito a rexistrada en igual data de 2017 (1.196).

Un 29,1 % máis de cruceiristas
Boas noticias tamén no apartado de pasaxe. O número de cruceiristas recibidos nas instalacións da Autoridade Portuaria avanzou de 6.504 no período xaneiro-xuño de 2017 a 8.398 no mesmo intervalo de 2018. É dicir, medido en volume de viaxeiros, este mercado está crecendo a un ritmo do 29,1 %.
Todas estas cifras teñen permitido á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao pechar o seu último balance interanual (xullo de 2017 a xuño de 2018) con 13,42 millóns de toneladas, rebasando nun 1,4 % a marca doss 12 meses precedentes. Consolídase así a institución entre as catro primeiras da súa clase na fachada noratlántica-cantábrica, xunto ás de Bilbao, Xixón e A Coruña.

 

O SEMESTRE, EN CATRO IMAXES. Arriba á esquerda, o portacontenedores que inaugurou, o 2 de xuño, a liña regular de MacAndrews Tilbury-Róterdam-Ferrol-Sevilla-Cartaxena-Huelva-Ferrol-Tilbury-Róterdam; e á dereita, o Aida Sol, xunto co Aida Mar, o maior cruceiro (3.000 tripulantes e viaxeiros) que recalou en Ferrol este ano. Abaixo á esquerda, a primeira descarga de GNL procedente de Yamal (Rusia) realizada en España, que tivo lugar na terminal de Reganosa o 21 de xuño; e á dereita, a maior carga de madeira galega de exportación con destino a Asia, efectuada no porto exterior en abril.