O POSTO DE CONTROL FRONTEIRIZO DO PORTO EXTER RIOR ENTRA EN SERVIZO
7 Febreiro, 2020
• O pasado luns inspeccionáronse por primeira vez dez contedores de produtos de orixe animal destinados ao consumo humano que proviñan de países de fóra do espazo da Unión Europea.
• La Autoridad Portuaria confía en que el puesto sea una palanca más para la captación de nuevos tráficos hacia la terminal de contenedores y ya trabaja en la ampliación de la instalaciones que duplicarán su capacidad en 2021.
O Posto de Control Fronteirizo ( PCF) que a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao ten no porto exterior de Ferrol acaba de entrar en operación cunha inspección do tipo Posto de Inspección Fronteiriza (PIF), destinada ao control do tráfico de produtos embalados ou envasados de orixe animal destinados para o consumo humano (peixe e carne) e que proveñan de países de fóra do espazo comunitario. A AP logrou a finais do ano pasado o visto e prace da Comisión Europea para poder levar a cabo as inspeccións PIF, que lle permitirán a captación de novos tráficos.
Na entrada en servizo do PCF que tivo lugar o pasado luns, inspeccionáronse dez contedores que chegaron na liña regular de Containerships con parada na terminal que xestiona Yilport na dársena de Caneliñas. Nas tarefas, que consisten nunha análise aleatoria da carga e comprobación do seu estado de conservación e se se corresponde co declarado, participaron a Autoridade Portuaria, Aduanas, Sanidade Exterior, Soivre (pertencente ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo), forzas e corpos de seguridade do Estado e persoal da terminal e a navieira.
O edificio do PCF dispón dunha superficie aproximada de 500 metros cadrados e está equipado con tres cámaras frigoríficas de primeiro nivel e oficinas para que realicen o seu traballo os técnicos dos diferentes ministerios que interveñen nestes procesos de control. Ademais, as instalacións posibilitan que se realicen en mellores condiciones tarefas que xa se estaban levando a cabo no porto interior, como as de control de produtos de orixe vexetal destinados ao consumo de animais. A AP xa comezou os trámites para a ampliación do PCF, que está previsto que a principios do 2021 duplique a súa capacidade.