A Autoridade Portuaria, en colaboración coa Confraría de Pescadores de Ferrol e a Federación de Pesca de Galicia, organiza esta actividade dirixida a nenos e nenas de entres 6 e 13 anos

Os interesados en participar deberán inscribirse previamente, con carácter gratuíto, entre o 2 e o 6 de xuño a través da páxina web da APFSC

 

 

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao organiza a I Xornada de Pesca Infantil que se celebrará o próximo 11 de xuño, sábado, no espigón exterior do porto interior de Ferrol. A actividade, que conta coa colaboración da Confraría de Pescadores de Ferrol está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 13 anos e desenvolverase en horario de 09:30 a 13:30 horas.

Sete monitores da Federación de Pesca de Galicia guiará aos participantes, que deberán ir acompañados por un adulto, durante a mañá de pesca. Ao finalizar a xornada haberá unha entrega de premios.

A actividade ten un límite de prazas de 30 participantes que deberán anotarse previamente. A inscrición é gratuíta e o prazo para apuntarse a esta I Xornada de Pesca Infantil estará aberto desde este xoves, 2 de xuño, ata o próximo luns, 6 de xuño.

Tanto o programa da xornada como o formulario de inscrición están dispoñibles na páxina web da APFSC. Os interesados en participar deberán descargar o formulario de inscrición e remitilo, unha vez cumprimentado, ao correo electrónico puertoyciudad@apfsc.es.

A I Xornada de Pesca Infantil enmárcase dentro do obxectivo da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao de reafirmar as relacións porto-cidade e acercar as instalacións portuarias de Ferrol a todos os cidadáns, neste caso aos máis pequenos. Ademais, permitirá gozar dunha xornada deportiva e de ocio nas instalacións da dársena ferrolana.