O PORTO INTERIOR DE FERROL ACOLLE MAÑÁ A II XORNADA DE PESCA INFANTIL
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao organiza a II Xornada de Pesca Infantil que se celebrará mañá 1 de outubro no espigón exterior do porto interior de Ferrol. A actividade, que conta coa colaboración da Confraría de Pescadores de Ferrol, está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 13 anos e desenvolverase en horario de 9:30 a 13:30 horas.
Sete monitores da Federación de Pesca de Galicia guiarán aos 35 participantes rexistrados, que deberán ir acompañados por un adulto, durante a mañá de pesca. Ao finalizar a xornada haberá unha entrega de premios.
A II Xornada de Pesca Infantil enmárcase dentro do obxectivo da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao de reafirmar relaciónelas porto-cidade e achegar as instalacións portuarias de Ferrol a todos os cidadáns, neste caso aos máis pequenos. Ademais, permitirá gozar dunha xornada deportiva e de lecer nas instalacións da dársena ferrolá.