O PORTO DE FERROL ACOLLE UNHA MOSTA DE PINTURAS SOBRE O CAMIÑO INGLÉS
O conxunto de 34 augatintas reflexa os principais elementos patrimoniais deste itinerario xacobeo.
A exposición “Olladas ao Camiño Inglés” poderase visitar dende mañá ata o 31 de marzo na sala do peirao de Curuxeiras.
Ferrol, 13 de marzo de 2019
A Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao inaugura mañá na súa sala de exposición, situada no peirao de Curuxeiras, Olladas ao Camiño Inglés, do artista José Yáñez. A mostra de pinturas está composta por 34 augatintas que reflexan os principais elementos patrimoniais do Camiño Inglés e recollen os puntos máis representativos do itinerario xacobeo que une Ferrol e A Coruña.
A exposición permanecerá aberta ao público dende mañá ata o 31 de marzo. Pódese visitar no porto de Ferrol en horario de tarde, de cinco a sete, e de martes a domingo.
O pintor, José Yáñez, enmarcou todos os cadros en madeira de bidueiro, cun formato de aproximadamente 30×40 centímetros. Ademais, acompaña cada imaxe de textos explicativos para identificar cada un dos elementos patrimoniais ilustrados.