A apertura terá lugar o 28 de maio ás doce da mañá na Sala de Exposicións situada no peirao de Curuxeiras.

Ferrol, 27 de maio de 2019

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acolle un mercado solidario da asociación cultural ASCM. A apertura terá lugar mañá 28 de maio ás 12:00 horas na Sala de Exposicións do Porto de Ferrol, situada no peirao de Curuxeiras.  

Esta actividade é unha colaboración entre o Porto de Ferrol e a ASCM que ten como obxectivo visibilizar unha sociedade máis inclusiva. No mercado pódense adquirir pezas artesanais realizadas polos voluntarios da asociación e tamén obxectos curiosos de segunda man.  

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao cede o seu espazo da Sala de Exposición para que a ASCM poida celebrar esta actividade. Os beneficios irán destinados integramente á asociación para mellorar a súa financiación.  

O mercado solidario permanecerá aberto ata o 2 de xuño en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas.