A mostra abre as súas portas mañá ás 19:30 horas no peirao de Curuxeiras

Os cadros que se expoñen son dos veteranos pintores ferroláns Carlos Barcón e Rafael Romero

Ferrol, 22 de xullo de 2019

A sala de exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acolle a mostra de pinturas, óleos e acuarelas Verano con Arte dos artistas ferroláns Carlos Barcón e Rafael Romero. A apertura de portas é mañá ás 19:30 horas no peirao de Curuxeiras e permanecerá aberta ao público ata o 4 de agosto.

A cidade de Ferrol é o fío condutor desta exposición. Carlos Barcón, membro da Real Academia Galega de Belas Artes e fundador da Sociedade Artística Ferrolá (SAF), representa nos seus cadros as praias e os motivos marítimos da localidade. Pola súa parte, Rafael Romero, tamén membro da SAF, plasma nas súas acuarelas os aspectos urbanísticos de Ferrol, dende o porto ata as súas prazas.

Un total de corenta cadros poderanse visitar en horario de 11:30 a 13:30 e de 19:00 a 21:00 horas.