NARART ORGANIZA UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NO PORTO DE FERROL
“Catarsis” é a mostra colectiva que terá a súa apertura mañá ao mediodía na sala de exposicións do peirao de Curuxeiras.
Ferrol, a 10 de setembro de 2020
A Asociación Narón Amigos da arte ( Narart) organiza a exposición fotográfica Catarse, que se abrirá mañá ás 12:00 horas na sala de exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
Esta mostra colectiva está composta por fotografías de distintos artistas e con diferentes estilos e temáticas. As socias de Narart que expoñen as súas obras son: Maite Hermida, María Jesús Villarengo, Lucía Bouza, Guillermo Aneiros, Begoña Martín, Diego Pita e Begoña Portela. Ademais, Carlos Carballeira e María Riobóo, do estudo Carlos e María Fotógrafos, tamén participan na exposición tras conseguir por quinto ano consecutivo o premio Wedding Awards do portal bodas.net.
José Ignacio Dapena Fernández, presidente de Narart, explica que o título da exposición Catarse está inspirado na historia e na psicoloxía. “Catarsis é unha experiencia purificadora das emocións humanos a través das obras de arte”, conta Dapena. A apertura da mostra é mañá, a partir das 12:00 horas, na sala de exposicións situada no peirao de Curuxeiras. E logo poderase visitar ata o 28 de setembro, en horario de 17:00 a 19:00 horas.