O certame está aberto a mozos de entre 12 e 18 anos que poderán presentar imaxes de temática relacionada co mar, as instalacións e as actividades realizadas no porto interior de Ferrol

 Os participantes deberán enviar os seus traballos entre o 5 e o 14 de xuño por correo electrónico e as mellores fotografías formarán parte dunha exposición que poderá visitarse na Sala Curuxeiras

Ferrol, 30 de maio de 2023

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao convoca o terceiro concurso de fotografía infantil e xuvenil Porto e Cidade. O éxito de participación de edicións anteriores levou ao organismo que preside Francisco Barea a dar continuidade a este certame que pretende achegar aos máis novos a realidade do porto de Ferrol e que transmitan a súa percepción a través dunha fotografía.

No certame poderá participar calquera persoa de entre 12 e 18 anos, ambas idades inclusive. Os interesados en concursar poderán enviar as súas imaxes entre o 5 e o 14 de xuño. As instantáneas, en formato dixital, deberán ser inéditas e a súa temática estará directamente relacionada co mar, as instalacións e as actividades realizadas no ferrolán peirao de Curuxeiras.

As fotografías -unha por aspirante- teñen que ser enviadas á conta de correo electrónico puertoyciudad@apfsc.es coa referencia “III Concurso de Fotografía Puerto-Ciudad” no asunto do correo. Deberán incluir un título ou lema, o nome e apelidos do autor, a súa idade e un número de teléfono de contacto.

As mejores imáxes integrarán unha mostra especial que acollerá a Sala Curuxeiras e tres delas serán premiadas con teléfonos móviles de última xeración.

O xurado estará composto por dous representantes da Autoridade Portuaria e un da fotografía profesional. As bases do concurso poden consultarse na web www.apfsc.com.