A nova artista Eva Cayetana Somolinos Olmo impulsou AcercArte, unha exposición na que pon música aos grandes cadros da Historia. A ferrolá, graduada polo Conservatorio Profesional de Música de Ferrol nas especialidades instrumentais de Piano e Viola, descubriu que ten un don: a coñecida como sinestesia cromática, que lle permite escoitar música nas cores. E grazas a esta cualidade puido crear composicións musicais de obras do Renacemento, Barroco, Romanticismo, Impresionismo e Expresionismo.

A mostra que agora —se inaugura esta mesma tarde ás 18 horas e atoparase aberta ao público ata as 21— chega á Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao ten 25 cadros e 24 composicións musicais, xa que a Gioconda de Leonardo Dá Vinci e a do seu alumno comparten composición. A música reproducirase de dúas formas: estará a soar na sala de exposicións en todo momento e nun lenzo en branco proxectarase o cadro que corresponde a esa composición musical. Ademais, cada cadro ten un cartel explicativo e un código QR que leva á composición do cadro. Só habería que escanealo co teléfono e xa podería escoitarse de forma independente con cascos.

A exposición poderase visitar do 26 ao 31 de agosto en horario de 12.00 a 13.30 horas e de 18.30 a 21.00 horas.

Ademais, a artista está a realizar unha campaña de micromecenazgo para converter AcercArte en fundación para levala a colexios, concellos, centros de día e hospitais. O micromecenazgo realízase a través da plataforma Verkami http://vkm.is/acercarte. Todo o diñeiro doado formará parte da dotación fundacional, polo que se desgrava un 80% do doado e ademais recibiranse recompensas como CDs ou camisetas inspiradas en AcercArte.