Ferrol, 14 de xullo de 2021

A mostra de Chechela García que se inaugura mañá na Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao compóñena 35 óleos que representan á parte máis prolífica da súa afección á pintura. Nestes últimos catro anos envorcouse en compoñer imaxes de paisaxes galegas e doutros lugares que marcaron á artista do Seixo para que non só digan o que se aprecia a primeira vista, senón que terminen suxerindo ao espectador algo máis profundo. “Busco exactamente iso, que os meus cadros provoquen emocións en quen se detén a miralos, que os convide a reflexionar”, comenta Chechela García, quen atopa nas vías do ferrocarril una das súas temáticas predilectas, pois representan en si mesmas unha alegoría inesgotable.

A exposición poderase visitar ata o 1 de agosto en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.30 a 21:00 horas, de luns a venres; e de 11.00 a 14.00, os sábados.