A mostra “Arte cotiá, espindo a alma” poderase visitar a partir de mañá na sala do peirao de Curuxeiras.

A artista Mercedes Quintiana fai unha retrospectiva da súa vida con debuxos antigos e as súas obras máis actuáis.

Ferrol, 9 de xaneiro de 2020
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acollerá nas súas instalacións, a partir de mañá, a exposición Arte cotiá, espindo a alma, da artista Mercedes Quintiana Pérez. Esta mostra está dividida en tres salas con diferentes temáticas. Na primeira encóntranse as proxeccións de performances con son, texto, ilustracións e interpretación. Estes vídeos compleméntanse cunha selección de retratos de Mercedes Quintiana pintados por outros artistas; o último que a retratou foi Fer Patiño.

A segunda sala acolle os cadros propios de Quintiana. A artista fai unha retrospectiva da súa vida como pintora, comezando con debuxos de cando tiña catorce anos.

Na última sala están as instalacións con obxectos que son as súas obras máis actuais nas que reflexiona sobre o paso do tempo.

“Describir unha obra visual é difícil pero esta exposición é unha fusión de todas as artes que se unen mediante un fío poético”, explica Mercedes Quintiana.

O acto de apertura terá lugar mañá ás doce do mediodía na Sala de Exposición do Porto de Ferrol. O acto estará aberto ao público e contará coa presenza da artista e, finalmente, ofrecerase un café. A mostra poderase visitar ata o 2 de febreiro, de 17.00