A NOVA EXPOSICIÓN DO PORTO DE FERROL ESTÁ PROTAGONIZADA POR ESCULTURA DE FERROL
“Ship of fools” é a mostra que se pode visitar a partir de hoxe na sala do peirao de Curuxeiras.
O artista Cipriano Lourido expón por primeira vez dúas obras novas, unha delas realizada especificamente para esta ocasión.
Ferrol, 16 de maio de 2019
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acolle unha nova exposición protagonizada por esculturas realizadas en ferro do artista Cipriano Lourido. Ship of fools é o nome desta mostra que está formada por dez obras esculpidas en ferro, cobre, latón e aceiro e que se completa con seis cadros pictóricos.
Todas as pezas teñen como temática as viaxes que o artista realizou polo mundo. Cipriano Lourido estivo varios anos fora de Galicia. Os lugares e as persoas que coñeceu inspirárono para crear as obras que se poderán visitar no Porto de Ferrol. Dúas das esculturas que o público poderá visitar son inéditas. Un baixo relieve feito en ferro e cobre que representa a pedra dos cinco soles do calendario azteca e outra peza creada especificamente para esta mostra dunha iguana realizada en ferro, latón, cobre e aceiro inoxidable.
A apertura da mostra é hoxe ás sete da tarde na Sala de Exposicións do Porto de Ferrol. Nun acto aberto ao público que estará amenizado cun set de música electrónica. A exposición poderase visitar ata o 25 de maio, en horario de doce a dúas e de seis a oito.