O conxunto de obras é un paseo pola evolución pictórica do artista con paisaxes naturais, urbanas e sociais

A exposición poderase visita dende mañá ás 12:00 horas

O pintor ferrolán Pedro Rascado presentará Persoal mañá ás 12:00 horas na sala de exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, no peirao de Curuxeiras. A mostra está formada por grandes óleos e acuarelas de temática paisaxística, tanto cultural como urbana e social, con escenas máis costumistas.

“É unha exposición diferente e ecléctica que reflexa a miña visión persoal da pintura, de aí o título da mesma”, explica o pintor Pedro Rascado. Unha característica atípica que ten esta mostra é que os cadros carecen de título “para darlle ao público a liberdade de interpretalos como queiran”.

Persoal poderase visitar a partir de mañá ás 12:00 horas e permanecerá na Sala de Exposicións do Porto de Ferrol ata o 24 de maio. O horario de apertura é de luns a venres, de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00, e o fin de semana solo en horario de mañá.