A exposición poderase visitar desde mañá ás 12:00 horas ata o 18 de decembro

Soñando a mares é a mostra de pintura colectiva que se presentará mañá ás 12:00 horas en Faro Prior. A exposición estará composta por cadros de temática mariña e realizados por un grupo de dez mulleres que, xunto a María del Carmen Sendón López, realizan saídas todos os fins de semana para pintar na natureza.

“Esta mostra nace da ilusión por pintar e do afán por gozar”, explica Amelia de Querol, que coorganiza a exposición con María del Carmen Sendón. “Tamén é unha homenaxe ás persoas maiores que se superan a través da arte e gozan coa pintura”.

Soñando a mares poderase visitar a partir de mañá ás 12:00 horas e permanecerá en Faro Prior ata o 18 de decembro. Durante o acto de apertura, Amelia de Querol recitará un poema sobre o faro. O horario de apertura é de luns a domingo de 16:30 a 18:30 horas.