A EXPOSICIÓN “MAR PROSAICO, MAR VERSÁRIL” ABRE AS SÚAS PORTAS NO PORTO DE FERROL
O artista Manuel Gandullo presenta nesta mostra acuarelas e esculturas de temática mariña.
O horario de apertura é de luns a venres, de 17:30 a 21:00 horas, e os sábados, de 11:00 a 14:00 horas.
Ferrol, a 7 de outubro de 2020
O artista Manuel Gandullo presenta Mar Prosaico, mar versátil mañá ás 12:30 horas na sala de exposición da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, no peirao de Curuxeiras. A mostra está formada por acuarelas de temática mariña e catro esculturas, tamén relacionadas co mar.
O Porto de Ferrol, o de A Coruña e as paisaxes mariñas de Sada, lugar de residencia do pintor, son os protagonistas dos cadros. Ademais, os visitantes poden contemplar unha recreación dunha áncora mariña.
O horario de apertura da exposición é de luns a venres, de 17:30 a 21:00 horas, e os sábados, de 11:00 a 14:00 horas.
Manuel Gandullo (Sevilla, 1952) vive en Sada dende 1974. É un pinto incansable e conta cun extenso catálogo de obras. Ademais, participa activamente no mundo artístico coa organización de encontros culturais e a colaboración en diferentes asociacións. A mostra Mar prosaico, mar versátil está comisariada por Pedro Taboada, creador do portal de pintura Pintores Gallegos.