A AUTORIDADE PORTUARIA RENOVA A LICENZA PARA A MANIPULACIÓN DE MERCADORÍAS A CATRO EMPRESAS DO PORTO DE FERROL
O consello de administración aproba outorgar un novo título habilitante para a prestación do servizo de estiba a Greenalia, Terminales Marítimos de Galicia, Galigrain e Pérez Torres
O órgano de dirección tamén deu luz verde á actualización do plan de protección específico do porto que se remitirá ao Ministerio do Interior
Ferrol, 25 de novembro de 2022
O consello de administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao deu esta mañá luz verde á renovación de licenzas para a manipulación de mercadorías a catro empresas que operan no porto de Ferrol. Trátase de Greenalia Logistics, Terminales Marítimos de Galicia, Galigrain e Pérez Torres Marítima. As catro empresas contaban xa cun título habilitante provisional para a prestación do servizo básico portuario de carga, estiba, desestiba, descarga e transbordo de mercadorías.
As novas licenzas aprobadas esta mañá teñen vixencia ata novembro do 2023. Trátase de títulos habilitantes de carácter provisional que permiten seguir prestando o servizo mentres non se outorguen os permisos definitivos que se rexan polo prego de prescricións particulares. Un documento perceptivo que actualmente se atopa en elaboración debido aos importantes cambios lexislativos do sector da estiba.
Outros acordos
O consello de administración tamén deu o visto e prace á actualización do Plan de Protección Específico (PPE) do porto que se remitirá ao Centro Nacional para a Protección das Infraestruturas Críticas para a súa aprobación pola Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior.