A AUTORIDADE PORTUARIA OUTORGA A TERMINAIS MARÍTIMOS DE GALICIA A PRIMEIRA CONCESIÓN PARA INSTALARSE NO NOVO EDIFICIO PRIORIÑO
O consello de administración dá o visto e prace á solicitude presentada pola empresa para situar as súas oficinas na nova instalación de usos múltiples do porto exterior de Ferrol
O organismo portuario tramita outras dúas peticións de compañías interesadas en dispoñer dun espazo no inmoble de 3.000 metros cadrados inaugurado en xuño
Ferrol, 11 de outubro de 2024
Comeza a materializarse o interese polo recentemente inaugurado Edificio Prioriño do porto exterior de Ferrol. O consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao aprobou esta mañá outorgar a primeira concesión para ocupar este inmoble a Terminais Marítimos de Galicia (TMGA).
A compañía, que xa opera nas dársenas ferrolás, presentou a solicitude o pasado mes de abril co obxectivo instalar as súas oficinas no novo inmoble de usos múltiples. Tras a tramitación da solicitude, o órgano de dirección deu a súa visto e prace o que permitirá a TMGA dispoñer dun espazo de 57,2 metros cadrados que acondicionará para adaptalo ás súas necesidades. O inicio da vixencia da concesión será desde o 1 de xaneiro do 2025 e por un prazo de 10 anos. Xunto coa de Terminais Marítimos de Galicia, a Autoridade Portuaria ha recibido outras dúas solicitudes que están na fase final da súa tramitación. As compañías solicitantes están fortemente arraigadas no porto de Ferrol e a súa implantación no Edificio Prioriño é unha mostra do seu compromiso co desenvolvemento de actividade no porto exterior. O inicio da actividade por estas compañías supoñerá tamén a prestación de servizos comúns no inmoble por parte da Autoridade Portuaria.
O Edificio Prioriño foi inaugurado en xuño despois de que a Autoridade Portuaria finalizase as obras para recuperar e poñer en valor un inmoble que pertenceu á Cámara de Comercio e que levaba anos en desuso. O obxectivo era poñer un espazo multiusos ao dispor de empresas e traballadores do porto, así como abrilo á implantación de novas compañías. A inmoble conta con 3.000 metros cadrados distribuídos en planta baixa e dúas alturas que se destinarán a oficinas de empresas portuarias, salón de actos, salas de reunións, cafetería e restaurante, así como a zonas comúns.
Outros asuntos
O consello de administración tamén acordou na súa sesión de hoxe a adxudicación e o outorgamento da licenza para o servizo de practicaxe no porto de Ferrol á empresa Prácticos do Porto e Ría de Ferrol, S.L.P.