A AUTORIDADE PORTUARIA ORGANIZA AS SEGUNDAS XORNADAS PORTO-EMPRESA PARA ABORDAR O PAPEL DO ORGANISMO NO IMPULSO DA INDUSTRIA DO FUTURO
O evento celebrarase este xoves e venres no CIS da Cabana e reunirá a membros de toda a comunidade portuaria así como a destacados representantes das administracións públicas
Empresas como EMSC Water, Nervión, EDP, Reganosa, Navantia, Forestal, PWR Capital Energy ou WindEurope, entre outras, protagonizarán mesas redondas sobre o sistema portuario, o medio ambiente e o impacto económico
O representante da OMC en España falará sobre o cambio climático e o comercio internacional na segunda xornada deste encontro que clausurará o vicepresidente segundo da Xunta
Ferrol, 12 de decembro de 2022
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao organiza a segunda edición das Xornadas Porto-Empresa que se celebrarán os días 15 e 16 de decembro no CIS da Cabana. Baixo o título Impulsando a industria do futuro, o encontro reunirá, durante dous días, a representantes de toda a comunidade portuaria, destacados representantes das administracións públicas e do tecido empresarial que analizarán o papel que xoga a organización que preside Francisco Barea no desenvolvemento social e económico do norte de Galicia. As sesións divídense en tres bloques que afondarán no novo marco do sistema portuario, o medio ambiente e o tecido empresarial.
O encontro contará coa presencia do vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, quen, acompañado polo presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, e por Francisco Barea, será o encargado de pechar as xornadas. A inauguración, pola súa banda, será o xoves 15 de decembro ás 9:30 horas, e correrá a cargo da delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, xunto co presidente de Cofer, Cristobal Dobarro, e o presidente da Autoridade Portuaria.
O director de Planificación e Desenvolvemento de Portos do Estado, Manuel Arana, xunto co director da APFSC, Jesús Casás, e o catedrático de Economía Aplicada da UdC, Fernando González Laxe, serán os encargados de abrir as mesas de debate analizando o papel dos portos na nova realidade industrial e económica, así como o papel integrador do porto de Ferrol.
A continuación, Alberto López Pampín, director Financieiro de Forestal; Emilio Bruquetas, director xeral de Reganosa, Patricio Erhardt, presidente de Proamar, e Duarte Piteira, de Yilport amosarán o impacto económico das concesionarias na comunidade portuaria. O primeiro bloque, adicado ó sistema portuario, pecharao a titular da Consellería do Mar, Rosa Quintana.
Na tarde do xoves vanse celebrar duas novas mesas enmarcadas no bloque sobre Porto e Medio Ambiente. A primeira vaise centrar nas enerxías renovables, con especial atención á eólica off-shore, e nela intervendrán o director xeral de Nervión, Roberto Bouzas; o director de operacións de PWR Capital Energy, Vicente Fernández; o presidente de Asime, Enrique Mallón, así como representantes de WindEurope. A segunda mesa estará centrada no hidróxeno verde e contará coas intervencións do presidente da Asociación Galega do Hidróxeno, Marcos Martínez Loureiro, así como con representantes de EDP e Navantia. Na mesa intervirán tamén Enrique Arias e Aitor Echeandía, de EMSC Water, que profundizará nas necesidades hídricas do hidróxeno verde e o aporte da superconectividade. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez será a encargada de pechar a primera xornada do encontro.
O venres, 16 de decembro reanudaranse as xornadas co bloque adicado ó tecido empresarial. Comenzarán cunha mesa que analizará a situación da industria en Ferrolterra e A Mariña coas intervencións de representantes de Grupo Intaf e Industrial Recense. Nesta mesma liña vaise analizar tamén o papel do porto como polo de desenvolvemento industrial. Unha mesa na que intervirán os presidentes das confederacións empresariais de Ferrol, A Coruña e Lugo, Cristobal Dobarro, Antonio Fontenla e Jaime López respectivamente.
O porto e o turismo será o tema que centrará a última das mesas que dará paso á ponencia de peche. Ésta estará protagonizada polo representante en España da Organización Mundial do Comercio (OMC), Sergio Prieto, que disertará sobre Cambio climático e comercio internacional.