O presidente da Xunta, o alcalde de Ferrol e o presidente da APFSC inaugurarán o encontro que se celebrará por primeira vez no Edificio Prioriño o 27 de novembro
 O evento, moderado por Cluergal, reunirá a representantes da comunidade portuaria, o tecido empresarial e especialistas no sector da enerxía
 Francisco Barea entregará a primeira distinción coa que se recoñece a colaboración dunha das empresas portuarias en favor da relación porto-cidade
Ferrol, 21 de novembro de 2025

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao organiza a quinta edición da Xornada Porto-Empresa que se celebrará o próximo 27 de novembro e que contará con destacadas novidades con respecto a anos anteriores. A primeira delas é a localización, xa que nesta ocasión terá lugar, por primeira vez, no Edificio Prioriño. Un edificio multiusos, recuperado polo organismo portuario, que simboliza a relación entre o porto e o tecido empresarial. Ademais, a Autoridade Portuaria ha decidido institucionalizar un recoñecemento a aquelas compañías que se destaquen pola súa colaboración para favorecer a relación entre o porto e a cidade.

Baixo o título “O porto, comunidade enerxética” o encontro volverá reunir a representantes de toda a comunidade portuaria, das administracións públicas e do tecido empresarial do sector enerxético. Durante a xornada, analizarase o futuro do porto de Ferrol e o seu papel como axente crave na descarbonización e as comunidades enerxéticas. Unha fórmula baseada na produción de renovables e o autoconsumo compartido que supón un paso adiante cara a un modelo enerxético máis sostible e eficiente que permite tamén reducir custos e favorecer o desenvolvemento económico do territorio.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, será o encargado de inaugurar a xornada xunto ao alcalde de Ferrol,  José Manuel Rey Varela, e o presidente do organismo portuario, Francisco Barea. O evento responde o empeño da Autoridade Portuaria de traballar en colaboración coas distintas administracións, a universidade, os centros tecnolóxicos e o tecido empresarial para favorecer o impulso económico e social no norte de Galicia. Unha cooperación especialmente importante nun momento de transición como o actual. Nesta ocasión, ademais, profundarase en distintos aspectos relacionados coas comunidades enerxéticas, desde o papel que xoga o porto ferrolán aos aspectos xurídicos, así como os beneficios que supón esta fórmula colaborativa.

O encontro estará moderado por Oriol Sarmiento, xerente de Cluergal, que guiará os distintos relatorios. A primeira será a do director da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Jesús Casás, que falará de “O Porto: nodo estratéxico para a descarbonización e as comunidades enerxéticas”. O ITG estará presente no encontro co director da División de Enerxía, Santiago Rodríguez, que explicará o deseño e a xestión dunha comunidade enerxética. Pola súa banda, o presidente de COFER, Cristobal Dobarro, profundará nos aspectos xurídicos e o responsable de Renovables de Ghenova Enerxía, Adolfo Rozadillas, centrarase nos OPS.

A última parte da Xornada Porto-Empresa contará co xerente de OFFSHORE Proinlosa, Rafael Gómez, que falará sobre “A industria na cadea de valor das comunidades enerxéticas”. Pecharán a quenda de intervencións o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Xunta de Galicia, Nicolás Vázquez, e o presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro, que se centrarán en “Desenvolvemento enerxético e industria” e no apoio ao tecido empresarial, respectivamente. A quinta edición da xornada pecharase coa entrega da primeira distinción pola colaboración na relación Porto-Ciudad.