A AUTORIDADE PORTUARIA ORGANIZA A QUINTA EDICIÓN DA XORNADA DE PESCA INFANTIL QUE SE CELEBRARÁ O 25 DE MAIO EN CURUXEIRAS
A actividade, que se desenvolverá no espigón exterior, está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 13 anos que poderán aprender as nocións básicas para iniciarse nesta actividade
O prazo para inscribirse, a través da páxina web da APFSC, estará aberto entre o 6 e o 17 de maio e darase prioridade ás persoas que non participasen na edición anterior
Ferrol, 29 de abril de 2024
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao organiza de novo unha das actividades que esperta máis interese entre o público novo. Trátase da Xornada de Pesca Infantil que alcanza xa a súa quinta edición. O éxito de anteriores convocatorias convértea nunha das actividades polas que o organismo portuario ha decidido apostar dentro do programa “Porto e Ciudad”. A quinta edición celebrarase o 25 de maio no espigón exterior do porto interior de Ferrol, en Curuxeiras, e contará coa colaboración da Sociedade de Pesca Riomar Ferrol. A xornada desenvolverase entre as 9:30 e as 13:30 horas e nela poderán participar nenos e nenas de entre 7 e 13 anos.
As persoas participantes deben acudir acompañadas dun adulto e levar o seu propio equipo de pesca. Estarán guiados durante a xornada por monitores de Riomar Ferrol que se encargarán de ensinarlles as nocións básicas para iniciarse nesta actividade. Ademais, ao finalizar, haberá entrega de agasallos aos asistentes.
A actividade, de carácter gratuíto, ten un límite de prazas de 40 participantes que deberán anotarse previamente. Darase preferencia ás persoas que non participasen na edición anterior, co obxectivo de abrir así a actividade ao maior número de nenos e nenas. O prazo para inscribirse estará aberto entre o 6 e o 17 de maio, ambos inclusive.
Tanto o programa da xornada como o formulario de inscrición están dispoñibles na páxina de web da APFSC, www.apfsc.com. Os interesados en participar deberán descargar o formulario e remitilo, unha vez cumprimentado, ao correo electrónico puertoyciudad@apfsc.es.