O obxectivo da iniciativa que conta con fondos da UE para o desenvolvemento ambiental é validar un novo sistema para o tratamento de augas

O seminario técnico, programado para este xoves a partir das 9.30 horas, realizarase a través da plataforma ‘ Teams’ e o acceso será libre e gratuíto

 

Ferrol, 15 de xuño de 2021

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao coorganiza un seminario técnico virtual baixo o título Reutilización da auga no marco da nova normativa europea, unha iniciativa que se engloba no proxecto de tratamento de augas Life DrainRain, do que tamén forman parte, ademais da AP, catro entidades privadas (PROYFE, CYE Control e Estudos, CETIM e COPASA). O obxectivo do mesmo é conseguir a validación dun novo sistema de tratamento de augas que, grazas á acción conxunta dun pavimento de formigón poroso fotocatalítico e un sistema modular de tratamento de augas in situ, elimine os contaminantes transportados a través da auga de escorrentía. O proxecto está cofinanciado pola Comisión Europea dentro do principal programa de desenvolvemento ambiental a nivel europeo, o Programa LIFE.

Pola súa banda, o seminario técnico, que se programou para este xoves e que se estenderá desde as 9.30 horas ata as 11.00 horas, realizarase a través da plataforma Teams e o acceso será libre e gratuíto a través dunha ligazón na sección de noticias da páxina web da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao (www.apfsc.com). Nel participarán, con relatorios de 20 a 30 minutos, Manuel Boluda, da Dirección Xeral da auga da Región de Murcia; Sainza Arufe, do CETIM; Borja Alonso, de COPASA; e Alfonso Gálvez, de ASAJA. Ao termo de todas as intervencións haberá un espazo dedicado a resolver as dúbidas dos asistentes.

 

Link de acceso ao evento 

https://teams.microsoft.com/l/meetup-join/19%3ameeting_ZmQzZDQ5M2EtNzlmMi00NTNmLTg3YTQtOGM5ZmZjMmNkNWIz%40thread.v2/0?context=%7b%22Tid%22%3a%222f330c99-e69b-4c7f-89f4-c7efc2b8fe93%22%2c%22Oid%22%3a%22a1317658-3a52-4fd6-bdef-359430bd42fc%22%2c%22IsBroadcastMeeting%22%3atrue%7d&btype=a&role=a