O consello de administración deu o visto e prace aos documentos que rexerán a concesión de licenzas para remolque, practicaxe e amarre en Ferrol e San Cibrao

Ferrol, 5 de febreiro de 2024

Reforzar a calidade dos servizos portuarios. Ese é un dos obxectivos que busca a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao que acaba de actualizar as condicións para a concesión de títulos habilitantes para a prestación de distintos servizos nos portos de Ferrol e San Cibrao. O consello de administración acaba de aprobar os novos pregos de prescricións particulares de distintos servizos portuarios. Trátase dun documento incluído na Lei de Portos do Estado e a Mariña Mercante que pretende simplificar, actualizar e homoxeneizar a concesión de licenzas. A aprobación dos novos pregos, adaptados ás circunstancias actuais, redundarán nunha mellor calidade dos servizos, garantindo ademais a súa sustentabilidade e a mellora das condicións dos traballadores.

Con este paso reúnese nun único documento todas as prescricións que rexen para a tramitación da concesión de licenzas e que, ata o momento, estaban divididos en distintos pregos. Ademais, adecúanse as condicións que han de reunir os solicitantes ao contexto actual, dando así maior seguridade xurídica e estabilidade. Para iso, se parte dun modelo establecido por Portos do Estado para todo o sistema portuario nacional, que a Autoridade Portuaria ha adaptado ás súas características. Na reunión deuse o visto e prace aos novos pregos que rexerán as licenzas para a prestación do servizo de remolque, tanto de Ferrol como de San Cibrao, así como os de practicaxe, amarre e desamarre no porto de Ferrol.