A AUTORIDADE PORTUARIA APROBA O PROXECTO DE NAVANTIA PARA CONSTRUÍR MONOPILES XXL
O Consello de Administración deu luz verde esta mañá á reforma das instalacións do estaleiro de Fene para as novas estruturas de eólica mariña
O organismo que preside Francisco Barea valorou para modificación non substancial da concesión «os beneficios que xerará na economía local»
O proxecto contempla a remodelación de zonas de almacenaxe e de cabinas de chorreado e pintura, e a adaptación de talleres de bloques planos
Ferrol, 4 de febreiro de 2022
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao deu esta mañá luz verde ao proxecto de Navantia para a reforma do estaleiro de Fene que lle permitirá a construción de estruturas de eólica mariña de grandes dimensións (monopiles XXL). O consello aprobou unha modificación non substancial da concesión que ten Navantia nese emprazamento o que lle posibilitará rémoa-delación de zonas de almacenaxe e de cabinas de chorreado e pintura, e adaptación de talleres de bloques planos. Ademais, esta iniciativa da compañía naval engadirá 6.000 metros cadrados en novas construcións, que se completarán aos 120.000 xa existentes no recinto.
O organismo que preside Francisco Barea tivo en conta na súa decisión «os beneficios que a súa execución carrexarán á explotación da concesión e do porto —dado que estas obras permitirán a construción por parte de Navantia de grandes proxectos de eólica mariña que reportarán tráficos de mercadorías e a chegada de grandes buques ás instalacións da autoridade portuaria—, ademais dos beneficios que xerarán para a economía e o emprego comarcal».
Outros temas
Así mesmo, entre outras cuestións, o consello ratificou a solicitude de Endesa para outorgarlle o título habilitante provisional da prestación do servizo portuario de manipulación de mercadorías (mercadoría xeral e graneis, excluíndo mercadorías perigosas) no porto exterior de Ferrol, tanto no seu terminal como na zona de atracada próxima á terminal. E a renovación da liña de media tensión entre o centro de transformación “Cristo” e o “Espartero”.