O consello de administración dá o visto e prace ao documento que garante a protección do medio ambiente mariño dos refugallos dos barcos no estaleiro da ría de Ferrol

O órgano de dirección tamén dá luz verde á concesión ao Club do Mar de Ferrol para a xestión e explotación dos portos deportivos de Curuxeiras e A Graña

Ferrol, 08 de abril de 2022

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao deu esta mañá un paso máis na protección do medio ambiente. Nesta ocasión, o órgano de dirección aprobou o plan presentado por Navantia Ría de Ferrol para a recepción e manipulación de residuos procedentes de buques.

O documento, presentado polo estaleiro á APFSC, dá cumprimento ao Real Decreto do 15 de febreiro de 2022 que establece os procedementos de recepción, recollida, almacenamento, tratamento e eliminación dos desfeitos dos buques deberán axustarse a un plan de xestión ambiental adecuado para a redución do impacto ambiental. Un plan de xestión co que xa conta Navantia Ría de Ferrol.

O plan aprobado hoxe polo consello de administración inclúe unha proposta de xestión de augas nos tanques de lastre cumprindo co requirimento realizado por Portos do Estado e de aplicación en estaleiros que deben contar con instalacións de recepción dos residuos de carga e das augas de lastre dos buques.

O obxectivo é reforzar a protección do medio ambiente mariño. Tras o informe favorable do Servizo de Medio Ambiente, o órgano de dirección do porto acordou aprobar o documento presentado por Navantia e integrar o seu contido no Plan de Recepción de Refugallos do Porto de Ferrol.

Tras o informe favorable do Servizo de Medio Ambiente, o órgano de dirección do porto acordou aprobar o documento presentado por Navantia e integrar o seu contido no Plan de Recepción de Refugallos do Porto de Ferrol.

Outros acordos

O consello de administración tamén aprobou outorgar a Navantia a concesión, ata decembro de 2027, do dominio público portuario anexo aos peiraos do estaleiro para a reparación, mantemento e transformación de buques civís e militares.

Así mesmo, entre os acordos do consello de administración destaca tamén o outorgamento da concesión ao Club do Mar de Ferrol da xestión e explotación dos portos deportivos de Curuxeiras e A Graña por un período de 10 anos. O titular realizará a adecuación de pantaláns, así como as obras de reordenación das dársenas, a adecuación do pavimento e a dragaxe no porto de Curuxeiras. Ademais, deu o visto e prace á cesión do uso do edificio da Graña a favor do Náutico para servizo de hostalería.