A decisión do consello de administración favorece a continuidade da actividade unha vez que se extinga a concesión actual en febreiro

A Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol encargarase da explotación polo prazo dun ano ou ata a resolución do concurso a favor dun adxudicatario

O órgano de dirección aproba renovar a Endesa Xeración a licenza para prestar o servizo de manipulación de mercadorías

Ferrol, 31 de xaneiro de 2025

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, na súa reunión desta mañá, aprobou convocar o concurso para o outorgamento da concesión para a xestión e explotación da lonxa de peixe e marisco de Ferrol. Así mesmo, deu o visto e prace ao prego de bases administrativas do mesmo, así como das condicións da concesión.

Actualmente é a Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol a que se encarga da explotación desde 2017, ao resultar entón adxudicataria do concurso público que establecía un prazo concesional de 5 anos, que se prorrogaron 2 anos e medio máis. Pasado ese tempo, a concesión actual extínguese en febreiro polo que o consello de administración do organismo portuario ha dado o visto e prace á convocatoria dun novo concurso público que favoreza a continuidade da actividade. Mentres non se resolva o novo concurso, a Autoridade Portuaria ha atendido a solicitude da Confraría de Pescadores de Ferrol concedéndolle autorización para que siga encargándose da explotación da lonxa durante un período máximo dun ano ou ata que haxa novo adxudicatario da concesión. A Autoridade Portuaria poñerá ao dispor do concesionario a parte necesaria do edificio da lonxa coas súas instalacións e zonas anexas, cunha superficie total de 967,86 metros cadrados.

Outros asuntos

O consello de administración tamén acordou outorgar licenza provisional a Endesa Xeración para seguir prestando o servizo de manipulación de mercadorías no porto de Ferrol. Unha licenza da que xa é titular e que finaliza en febreiro deste ano. O novo título habilitante estará vixente ata o 12 de febreiro do 2026 ou ata que se outorgue licenza definitiva conforme ao novo prego de prescricións particulares que elabora o organismo portuario.