O POSTO DE CONTROL FRONTEIRIZO DO PORTO EXTER RIOR ENTRA EN SERVIZO
Na entrada en servizo do PCF que tivo lugar o pasado luns, inspeccionáronse dez contedores que chegaron na liña regular de Containerships con parada na terminal que xestiona Yilport na dársena de Caneliñas. Nas tarefas, que consisten nunha análise aleatoria da carga e comprobación do seu estado de conservación e se se corresponde co declarado, participaron a Autoridade Portuaria, Aduanas, Sanidade Exterior, Soivre (pertencente ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo), forzas e corpos de seguridade do Estado e persoal da terminal e a navieira.
O edificio do PCF dispón dunha superficie aproximada de 500 metros cadrados e está equipado con tres cámaras frigoríficas de primeiro nivel e oficinas para que realicen o seu traballo os técnicos dos diferentes ministerios que interveñen nestes procesos de control. Ademais, as instalacións posibilitan que se realicen en mellores condiciones tarefas que xa se estaban levando a cabo no porto interior, como as de control de produtos de orixe vexetal destinados ao consumo de animais. A AP xa comezou os trámites para a ampliación do PCF, que está previsto que a principios do 2021 duplique a súa capacidade.

