Visitas

A Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao ofrece a posibilidade de visitar as súas instalacións. As visitas, que deberán ser concertadas previamente, poderán estar dirixidas por persoal especializado e están destinadas, en principio, a centros educativos, asociacións e grupos organizados.

Visitas 1

O Porto de Ferrol conta con diversas instalacións na súa ría, un impresionante ámbito con extraordinarias calidades como porto natural que fixeron que, dende antigo, existisen actividades marítimas. Por iso, con esta iniciativa preténdese dar a coñecer a realidade do ámbito portuario e marítimo, xa que os portos marítimos son nodos loxísticos de grande importancia, claves para a economía, e motores de actividade nas zonas nas que se sitúan.

QUE VISITAR NO PORTO INTERIOR E NO PORTO EXTERIOR

Díptico visitas

Descargar folleto de qué visitar no porto interior e porto exterior”
 

Solicitar Visita

Contato:
lula@apfsc.es
Teléfono: 981 33 80 17