Presentación e localización xeográfica

Situado ó nordeste da provincia de Lugo, nos concellos de Cervo e Xove, o porto de San Cibrao serve de apoio á actividade industrial da factoría ALCOA, concesionarios da súa xestión administrativa.

O porto de San Cibrao sitúase na denominada Mariña Lucense, o tramo de costa cantábrica que se atopa entre o Cabo de Bares e Ribadeo, localidade que marca o límite co principado de Asturias. O porto e o complexo industrial do mesmo nome atópanse entre a Punta de Morás e o Cabo de San Cibrao, nunha sección da costa aberta ó mar Cantábrico, moi diferente ás calmadas rías de Ortigueira ou Viveiro, moi achegadas ó porto.

Back to top