Unión Europea

Unión Europea

Dentro do marco operativo 2007-2013 dos Fondos de Cohesión promovidos pola Unión Europea, a Autoridade Portuaria desenvolve tres operacións cofinanciadas polos devanditos fondos:

PORTO EXTERIOR-2ª FASE

Breve descripción da operación:

Inclúense dentro desta operación os traballos de construción da segunda fase da ampliación do porto de Ferrol (Porto Exterior), en Cabo Prioriño, consistentes na prolongación en 658 m do peirao de ribeira de calado 20 m executado na primeira fase, e a construción en perpendicular a el dun peirao de peche de 145 m de lonxitude e calado variable. Esta operación tamén comprende a habilitación e dotación de servizos ás explanadas asociadas a esta segunda fase.

– Obras de ampliación do Porto de Ferrol (Porto Exterior) – 2ª fase

Díptico Porto Exterior 2ª fase

– Obras de instalacions, servizos e explotación do Porto Exterior: redes internas – 2ª fase

Díptico Redes internas 2ª fase

– Obras de pavimentación da calle principal da 2ª fase do porto exterior

Díptico pavimentación calle principal 2ª fase

– Actuacions na praia de Cariño (medida correctora nº 20 do PVA das obras de ampliación do porto)

Díptico actuacions praia de Cariño

– Obra de pavimentación da superficie de maniobra e uso público no muelle auxiliar da 2ª fase do Porto Exterior: superficie entre as líñas a 37,1 y 100,85 m do cantil.

– Obras de pavimentación da superficie concesionable no porto exterior (Fase A).

– Obra de pavimentación da superficie de maniobra e uso público nol muelle principal da 2ª fase do Porto Exterior.

Díptico das tres obras anteriores

– Obra de sistemas de seguridade, control e telecomunicacions no Porto Exterior – 2ª fase

DRAGADO DA CANLE DE ENTRADA AO PORTO INTERIOR

Breve descripción da operación:

Inclúense dentro desta operación os traballos da mellora de calados na canle de entrada ao interior da Ría de Ferrol: eliminación de puntos localizados con calado inferior ao nominal da canle (-12m BMVE), e mellora da área de seguridade nas súas beiras (-10 BMVE).

– Mellora de calados na canle de entrada ao interior da ría de Ferrol

Díptico mellora de calados da canle de entrada

ENLACE FERROVIARIO E PRAIA DE VIAS NO PEIRAO DO CERRAMIENTO NORTE

Breve descripción da operación:

Dentro da operación, inclúense as obras necesarias para facilitar o acceso ferroviario as explanadas anexas ao peirao do Cerramento Norte, así como a construción dunha praia de vías nela.

– Acceso ferroviario ao peche do peirao Fernández Ladreda

 

Back to top