.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Seguridade e P.R.L.

Seguridade e P.R.L.




SEGURIDADE PORTUARIA


O Porto de Ferrol-San Cibrao comprometese ca seguridade e o movemento eficiente de pasaxeiros e mercadorías a través do porto. Para elo, o Porto de Ferrol-San Cibrao, ten unha serie de procedementos de seguridade en relación ó estipulado no Código Internacional de Protección de Buques e Instalacións Portuarias (PBIP) dende a súa implantación en xuño do 2004. Ditos procedementos implican un control de acceso á zona portuaria moito máis restrictivo así como, control e vixilancia dos peiraos comerciais, persoal das instalacións, avituallamento de buques,etc.

O control e vixilancia dos peiraos comerciais é unha das tarefas da Policía Portuaria. Dito corpo integrase por cerca de corenta profesionais, entre eles o Xefe da Policía Portuaria, tres xefes de servicio e sete de equipo. Para o desempeño das súas funcións contan con cinco vehículos e unha patrulleira, a cal se utiliza, entre outras actividades para a vixiancia dos costados dos buques cando as necesidades de seguridade o requiren. Tamén se conta con catro Oficiais de Protección da Instalación Portuaria (OPIP), as súas responsabilidades, sen que esta enumeración sexa exhaustiva, son a de levar a cabo a avaliación inicial completa da instalación portuaria, garantir a elaboración, implantación e o mantemento do Plan de Protección, realizar inspeccións periódicas da instalación, coordinarse cos servicios de protección necesarios, etc.
Para a continua mellora das súas actuacións realízanse simulacros de protección anualmente, destacando en particular o realizado o 25 de setembro en colaboración ca Mariña de Guerra, SASEMAR, Guarda Civil e Capitanía Marítima.

Así mesmo, contase cun Centro de Coordinación de Servicios dende onde tense, entre outras aplicacións, control sobre as cámaras de vixilancia que dan cobertura a todo o recinto portuario.

Por outra parte, no ano 2007  culminouse o proceso de mellora do control de accesos ó recinto portuario ca instalación de lectores de matrículas para identificar ós vehículos autorizados e, desta maneira, ampliar e mellorar o control de presencia.

Finalmente, cabe destacar, a instalación do control de acceso os pantaláns deportivos de A Graña.

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS


A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, está comprometida co cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais (Lei 31/95 de 8 de novembro e modificacións Lei 5/2000 e Lei 54/2003) e seus regulamentos complementarios, entre eles o Regulamento de Servicios de Prevención (Real Decreto 39/97, modificado po-lo Real Decreto 604/2006 po-lo que dispón dun Plan de Prevención integrado en tódolos procesos productivos.

Así mesmo, para o control de obras e traballos na zona portuaria e para vixiar o cumprimento de dita Lei, o Porto conta cunha serie de Procedementos de Seguridade. Estes procedementos sobre actividades tales como traballos no porto, traballos en buques, traballos con grúas móbiles, suministro de combustibles, control de mercancías perigosas, etc.  Os formatos de seguridade necesarios para a elaboración de distintas actividades nas zonas portuarias están a disposición na nosa Web.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao
Muelle Curuxeiras, s/n, 15401, Ferrol, Telf. 981 338 000, Fax. 981 338 001, -
Aviso Legal / Política de Privacidade