Dentro do marco operativo 2007-2013 dos Fondos de Cohesión promovidos pola Unión Europea, a Autoridade Portuaria desenvolve tres operacións cofinanciadas polos devanditos fondos:
BREVE DESCRICIÓN DA OPERACIÓN:
Inclúense dentro desta operación os traballos de construción da segunda fase da ampliación do porto de Ferrol (Porto Exterior), en Cabo Prioriño, consistentes na prolongación en 658 m do peirao de ribeira de calado 20 m executado na primeira fase, e a construción en perpendicular a el dun peirao de peche de 145 m de lonxitude e calado variable. Esta operación tamén comprende a habilitación e dotación de servizos ás explanadas asociadas a esta segunda fase.
BREVE DESCRICIÓN DA OPERACIÓN:
Inclúense dentro desta operación os traballos da mellora de calados na canle de entrada ao interior da Ría de Ferrol: eliminación de puntos localizados con calado inferior ao nominal da canle (-12m BMVE), e mellora da área de seguridade nas súas beiras (-10 BMVE).
BREVE DESCRICIÓN DA OPERACIÓN:
Dentro da operación inclúense os traballos precisos para dotar dun acceso ferroviario ás explanadas anexas ao peirao do Cerramiento Norte, así como a construción dunha praia de vías no mesmo.
As principais actuacións que compoñen cada unha destas tres operacións son as que se indican a continuación, incluíndose para cada unha delas díptico en pdf explicativo:
Obras de pavimentación da superficie concesionable no porto exterior (fase A)
Obra da pavimentación da superficie de manobra e uso público no peirao auxiliar da segunda fase do porto exterior: superficie entre as liñas a 37,1 e 100,85 metros do cantil.
Obra de pavimentación da superficie de manobra e uso público no peirao principal da segunda fase do porto exterior.
Obra de sistemas de seguridade, control e telecomunicacións no porto exterior-2ª fase
Dragado da canle de entrada ao porto interior
Mellora de calados na canle de entrada ao interior da ría de Ferrol
Enlace ferroviario e praia de vías no peirao do Cerramiento Norte
Acceso ferroviario ao peche do peirao Fernández Ladreda