.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Proxectos Cofinanciados

Unión Europea

Banner1

Dentro do marco operativo 2007-2013 dos Fondos de Cohesión promovidos pola Unión Europea, a Autoridade Portuaria desenvolve tres operacións cofinanciadas polos devanditos  fondos:

 

  • Porto Exterior-2ª fase

 

BREVE DESCRICIÓN DA OPERACIÓN:

Inclúense dentro desta operación os traballos de construción da segunda fase da ampliación do porto de Ferrol (Porto Exterior), en Cabo Prioriño, consistentes na prolongación en 658 m do peirao de ribeira de calado 20 m executado na primeira fase, e a construción en perpendicular a el dun peirao de peche de 145 m de lonxitude e calado variable. Esta operación tamén comprende a habilitación e dotación de servizos ás explanadas asociadas a esta segunda fase.

 

  • Dragado da canle de entrada ao porto interior

 

BREVE DESCRICIÓN DA OPERACIÓN:

Inclúense dentro desta operación os traballos da mellora de calados na canle de entrada ao interior da Ría de Ferrol: eliminación de puntos localizados con calado inferior ao nominal da canle (-12m BMVE), e mellora da área de seguridade nas súas beiras (-10 BMVE).

 

  • Enlace ferroviario e praia de vías no peirao do Cerramiento Norte

 

BREVE DESCRICIÓN DA OPERACIÓN:

Dentro da operación inclúense os traballos precisos para dotar dun acceso ferroviario ás explanadas anexas ao peirao do Cerramiento Norte, así como a construción dunha praia de vías no mesmo.

 

As principais actuacións que compoñen cada unha destas tres operacións son as que se indican a continuación, incluíndose para cada unha delas díptico en pdf explicativo:

 


Porto Exterior-2ª fase

Obras de ampliación do porto de Ferrol (Porto Exterior)-2ª fase

Obras de instalacións, servizos e explotación do porto exterior: redes internas-2ª fase.

Obras de pavimentación da rúa principal da 2ª fase do porto exterior.

Actuacións na praia de Cariño (medida correctora nº 20 do PVA das obras de ampliación do porto).

Obras de pavimentación da superficie concesionable no porto exterior (fase A)

Obra da pavimentación da superficie de manobra e uso público no peirao auxiliar da segunda fase do porto exterior: superficie entre as liñas a 37,1 e 100,85 metros do cantil.

Obra de pavimentación da superficie de manobra e uso público no peirao principal da segunda fase do porto exterior.

Obra de sistemas de seguridade, control e telecomunicacións no porto exterior-2ª fase

 

Dragado da canle de entrada ao porto interior

 

Mellora de calados na canle de entrada ao interior da ría de Ferrol

 

Enlace ferroviario e praia de vías no peirao do Cerramiento Norte

 

Acceso ferroviario ao peche do peirao Fernández Ladreda

 

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao