.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Proxectos Cofinanciados

Ministerio de Industria

Banner reind

Dentro do Programa de Axudas para Actuacións de Reindustrialización promovido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a Autoridade Portuaria desenvolve dende o ano 2006 dous proxectos plurianuais cofinanciados polas devanditas ditas Axudas:

 

  • Instalacións, servizos e explotación do Porto Exterior de Ferrol

 

BREVE DESCRICIÓN DO PROXECTO:

Inclúense dentro deste proxecto as obras de urbanización xeral do porto e, en esencia, a infraestrutura básica que permitirá o asento nas explanadas portuarias de operadores e concesionarios portuarios que atoparán nas novas instalacións unha adecuada dotación de servizos acordes coas necesidades dun porto de última xeración.

 

  • Ampliación, transformación e mellora das infraestruturas portuarias para acoller tráficos Short Sea Shipping: Mellora da intermodalidade

 

BREVE DESCRICIÓN DO PROXECTO:

Inclúense dentro deste proxecto as obras e actuacións que permitan a ampliación, transformación e mellora das infraestruturas portuarias do porto interior de Ferrol, co fin de mellorar a facilidade de intercambio entre os modos de transporte marítimo e terrestre, potenciando a intermodalidade e posicionando o porto nunha boa situación competitiva para a captación de liñas de Short Sea Shipping.

 

As principais actuacións que compoñen cada un destes dous proxectos son as que se indican a continuación, incluíndose para cada unha delas díptico explicativo en pdf.

 

INSTALACIÓNS, SERVIZOS E EXPLOTACIÓN DO PORTO EXTERIOR DE FERROL

Conexión exterior coas redes de abastecemento e telecomunicacións; Redes interiores fase I; Acometida e subestación transformadora de enerxía eléctrica.

Subministro e instalación de defensas dos peiraos das obras de Ampliación do Porto de Ferrol (Porto Exterior) 2ª fase.

Proxecto de pavimentación da zona de manobra e uso público. Fase 1

Instalación de norays e defensas no Martillo do Dique de Abrigo.

Urbanización, reordenación e mellora do contorno de Cabo Prioriño Chico; Construción e reubicación da Batería de Punta Viñas.

Sistemas de seguridade, control e telecomunicacións en Prioriño.

Edificio da Autoridade Portuaria e Control do Porto no Porto Exterior de Ferrol.

Infraestruturas de control de accesos na entrada ao Porto Exterior de Ferrol.

Acondicionamento da estrada de acceso a Cabo Prioriño e peche perimetral no ámbito do Porto Exterior.

 

AMPLIACIÓN, TRANSFORMACIÓN E MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS PORTUARIAS PARA ACOLLER TRÁFICOS SHORT SEA SHIPPING. MELLORA DA INTERMODALIDADE

 

Pavimentación en aglomerado asfáltico dunha superficie de almacenamento no Nuevo Muelle.

Pavimentación da parcela triangular de transición existente entre o Cerramiento Norte e o Nuevo Muelle.

Acondicionamento do paso a nivel existente na rúa principal do porto.

Ampliación da rampla ro-ro nº 2, situada no entronque entre o Muelle Fernández Ladreda e o Cerramiento Norte.

Instalación do sistema eléctrico de elevación e colgue da rampla ro-ro nº 2 ampliada.

Segregación dos tráficos peonís na rotonda de entrada no Acceso Norte para evitar a interferencia cos tráficos viarios e ferroviarios: Pasarela atirantada “As” no acceso ao Porto de Ferrol.

Construción dun noray adicional no Muelle Cerramiento Norte (noray nº 11).

 

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao
Muelle Curuxeiras, s/n, 15401, Ferrol, Telf. 981 338 000, Fax. 981 338 001, -
Aviso Legal / Política de Privacidade