A cidade de Ferrol, coñecida como Cidade Departamental, foi declarada Conxunto Histórico-Artístico, o 9 de marzo de 1984. É unha poboación de preto de 78.000 habitantes que se ten convertido no centro neurálxico, económico e comercial da Comarca de Ferrolterra e nunha das cidades máis puxantes de Galicia.
Ferrol é un lugar de contrastes, aberto ó mar e cheo de atractivos. Os seus lugares más emblemáticos son, sen dúbida, El Ferrol Vello, que aínda conserva a súa estructura medieval de rúas estreitas e orientadas cara ó porto, e o Barrio da Madalena, cas súas galerías decimonónicas e o seu trazado racionalista, roto tan só polo coidadoso dos seus edificios e das súas prazas.
Ademais, salpican a cidade valiosas mostras modernistas, como o Teatro Jofre, e outras neoclásicas, como a concatedral de San Xiao ou o convento de San Francisco. Da historia máis recente, destacar as instalacións da Armada, proba da tradición militar presente na cidade, que deixou na zona da ría magníficas fortificacións defensivas, como o Castelo de San Felipe ou o da Palma, que serán declarados en breve Patrimonio da Humanidade.