.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Medioambiente

Medioambiente



MEDIOAMBIENTE


O Porto de Ferrol consta dunha División de Seguridade, Medio ambiente e Prevención de Riscos Laborais, que en materia medio ambiental ten as seguintes actividades:

•    Rede de control ambiental, realizando o seguimento de parámetros medio ambientais como, calidade atmosférica, augas, solos, etc.
•    Seguimento e control dos Programas de Vixiancia Ambiental das obras do Porto e das empresas con concesión.
•    Xestión de residuos MARPOL
•    Oficina de Información Ambiental.
•    Implantación do Sistema de Xestión Medioambiental.
•    Implantación e seguimento de Planes de Continxencias por contaminación mariña.

A Autoridade Portuaria iniciou no ano 2007 o proceso para contar cunha estación meteorolóxica que permita ter datos en tempo real da calidade do aire, co fin de controlar o impacto ambiental da descarga de certo tipo de graneis. Esta estación aportará valores de velocidade e dirección do vento, temperatura, humidade, presión atmosférica, pluviometría e concentración de partículas PM10.Todos estes valores serán transmitidos e almacenados nun PC equipado  co software adecuado que permitirá a interpretación e procesamento dos datos.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao