Infraestructuras
Porto de Ferrol / Caranza
Datos Xerais
Instalacións aínda non construídas.
Actividades previstas: Pesca e Náutica Deportiva
No ano 2002, a Autoridade Portuaria executou as Obras de Rehabilitación Ambiental do Borde Marítimo da Ría de Ferrol na Enseada de Caranza, cunha inversión de 6.141.388,65 €, dos que o 85% foi aportado polos Fondos de Cohesión da Unión Europea.
A recuperación e saneamento do borde marítimo, o acondicionamento de espigóns, rampas e escaleiras de acceso á beira do mar, a habilitación de áreas de recreo, a dotación de mobiliario e servizos urbanos, a mellora das vías e reordenación de usos mellorando a integración costa–cidade nun tramo puramente urbano e, resumindo, a mellora paisaxística global do entorno servían de base para os posteriores desenvolvementos que se planearon nos anos 2003 e 2004 e que remataron no 2004 na redacción do proxecto de “Novas instalacións pesqueiras de Caranza” e na tramitación da modificación puntual do plan de utilización dos espazos portuarios na devandita zona, de xeito que albergue a posibilidade dun desenvolvemento mixto de instalacións pesqueiras e náutico-recreativas (estas últimas mediante un modelo concesional no que participe a inversión privada no seu desenvolvemento).
Prazas previstas:
| |
6 M. |
8 M. |
10 M. |
12 M. |
15 M. |
24 M. |
Total |
| Marisqueiro |
250 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
250 |
| Pesqueiro |
58 |
35 |
13 |
10 |
0 |
0 |
66 |
| Deportivo |
0 |
0 |
50 |
75 |
32 |
19 |
176 |
| Total |
258 |
35 |
63 |
85 |
32 |
19 |
492 |
Porto Pesqueiro
O proxecto de novas instalacións pesqueiras prevé un investimento público de 1,2 millóns de € por parte da Autoridade Portuaria. A Autoridade Portuaria desenvolverá as obras de infraestrutura portuaria dotando de 66 prazas de atraque para embarcacións pesqueiras de entre 6 e 12 metros, mediante tres palancas de pantaláns conectados cun pantalán de reparto axuntado ó espigón existente e unha previsión de zonas de varada para 250 embarcacións marisqueiras. Deséñase de igual xeito un peirao de gravidade de 66 metros con explanadas anexas onde situar a lonxa, áreas para casetas de armadores, exportadores, depuradoras, etc… y dotada de dúas rampas de varada e carga.A Autoridade Portuaria desenvolverá as obras de infraestructura portuaria dotando de 66 prazas de atraque para embarcacións pesqueiras de entre 6 e 12 metros, mediante tres palancas de pantaláns conectados con un pantalán de reparto adosado ó espigón existente e unha previsión de zonas de varada para 250 embarcacións marisqueiras. Diseñase de igual modo un peirao de gravedad de 66 metros con explanadas anexas onde ubicar a lonxa, áreas para casetas de armadores, exportadores, depuradoras, etc…e dotada de duas rampas de varada e carga.
Porto Deportivo
No barrio de Caranza prevé convocarse un concurso público para o desenvolvemento dun novo porto deportivo para usuarios de embarcacións de 8 metros ou superiores, contando con finanzamento privado (desenvolvemento do Porto Deportivo e de áreas comerciais en réxime concesional).
O proxecto conxunto atopa sinerxias con determinados proxectos promovidos polo Concello de Ferrol, que pretenden xerar unha gran área de ocio na zona (zonas comerciais, auditorio e conservatorio,…).
Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao