A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao asinou esta mañá un convenio de colaboración laboral coa Asociación Síndrome de Down Teima, que permitirá promocionar a autonomía persoal e a inserción laboral das persoas con síndrome de Down.
O obxectivo deste acordo, rubricado polo presidente do porto, Anxo do Real, e Patricia Serantes céntrase en facilitar e impulsar o proceso de inserción de laboral das persoas con síndrome de Down dentro do programa "Emprego con apoio" que desenvolverá a entidade na Autoridade Portuaria.
As persoas que participen neste proxecto, de 12 meses de duración, levarán a cabo un período de prácticas, na dársena ferrolá, que estarán tuteladas por un formador da asociación, encargado de acompañarlles e apoiarlles durante a relación laboral para que o proceso de aprendizaxe sexa o máis eficiente posible. Gradualmente irá retirando os apoios para completar o desenvolvemento persoal do traballador en determinado posto, conseguindo así unha maior autonomía persoal.
A Autoridade Portuaria de Ferrol colabora coa Asociación Teima conel fin de apoiar o gran labor que desenvolven na comarca e apoiar ao colectivo con síndrome de Down na súa inserción no mercado laboral.