A Xunta de Galicia impulsa a promoción internacional do Porto de Ferrol xunto á Autoridade Portuaria
[14/06/2011] Autoridade Portuaria
|
O CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA E PRESIDENTE DO IGAPE, JAVIER GUERRA, E O PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL-SAN CIBRAO, ANXO DO REAL, ASINARON ESTA MAÑÁ O DOCUMENTO
O CONVENIO CO IGAPE BUSCA IMPULSAR O SECTOR LOXÍSTICO PARA A CAPTACIÓN DE NOVAS ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS DENTRO DA ESTRATEXIA DE APOIO A Ferrol IMPULSADA POLA XUNTA DE GALICIA
|
|
O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Angel del Real Abella, asinaron esta mañá en Ferrol o convenio de colaboración entre o IGAPE e a dársena ferrolá nun acto que contou coa presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e de Alejandro Langtry, director da oficina do Plan Ferrol do IGAPE.
O acordo ten entre os seus principais obxectivos intensificar a promoción internacional do porto, en especial o novo porto exterior, para contribuír á captación de novos tráficos e operadores que impulsen a infraestrutura e xeren actividade e emprego para Ferrol e as súas comarcas. A súa dotación orzamentaria é de 200.000 euros a financiar por as entidades a partes iguais durante 2011. Esta actuación mostra o especial apoio que desde a Consellería de Economía e Industria préstase ao desenvolvemento da zona.
Froito do convenio do pasado exercicio de 2010, alcanzáronse grandes retos para Ferrol como, por exemplo, a adxudicación da terminal de colectores do Porto Exterior que desenvolverá Ferrol Container Terminal (FCT), do importante grupo Mota-Engil, ou o gran avance conseguido no tráfico de cruceiros cun gran incremento de escalas que supón un importante apoio ao sector turístico das comarcas.
O presidente da Autoridade Portuaria agradeceu expresamente a implicación da Consellería neste tipo de accións "de gran importancia para a promoción exterior do porto e para a procura de investimentos que xeren actividade e emprego para as comarcas". Remarcou a relevancia deste acordo "non só pola súa achega económica senón tamén pola coordinación existente co IGAPE en especial a través da oficina do Plan Ferrol coa que traballamos polo interese mutuo".
Acción comercial internacional O acordo establece un plan de accións neste ano 2011 capaz de combinar a difusión e presentación das calidades de Ferrol en eventos loxísticos internacionais, coas visitas a navieras, operadores portuarios e grandes grupos industriais potencialmente interesados no desenvolvemento de iniciativas empresariais na zona.
Como mostra dos eventos nos que se vai a participar proximamente pódense citar a próxima edición da FIMO Ferrol e a feira de cruceiros Seatrade Europe, en Hamburgo. Ademais realizaranse misións comerciais como a que levará aos representantes da dársena a Ningbo, dando continuidade á visita este mesmo ano dunha delegación dese porto a Ferrol, o próximo mes de xullo. Alí continuarase co labor xa iniciado o pasado exercicio co fin de estreitar relacións cun mercado con enorme potencial como é o de China.
Os próximos meses son de especial relevancia para o lanzamento do Porto Exterior de Ferrol. Segundo as previsións, durante o ano 2012 entrará en servizo a nova terminal de colectores o que incrementará a competitividade das empresas do norte de Galicia e aumentará o atractivo da zona para albergar novas industrias. Para levar adiante proxectos como este é necesario un importante esforzo comercial no exterior.
|
|